O pasado xoves publicouse no DOG a Orde do 25 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de
libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e
material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación
primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2025/2026.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 16 de maio ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
Modo de presentación:
- De xeito presencial: na secretaría do centro.
- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros.
Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número
de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no
centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.
Cando o
alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido
en ningún centro docente para o curso 2025/26, deberá presentala no
centro en que estivese matriculado no curso 2024/25.
O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES ou CPR no que teña obtida a praza para o curso 2025/2026. Se non ten praza asignada en Secundaria deberá entregalo no colexio.
Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2024/2025.
DOCUMENTACION A PRESENTAR
ANEXO I
prazos
O luns 2 de xuño realizaremos unha reunión para explicar ás familias os diferentes apartados da solicitude as 18:00 horas.
Sodes tod@s benvid@s.