O pasado luns publicouse no DOG a Orde do 7 de maio do 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.
Modo de presentación:
- De xeito presencial: na secretaría do centro.
- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros. Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24.
O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtida a praza para o curso 2024/2025.
Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2023/2024.
O luns 3 de xuño realizaremos unha reunión para explicar ás familias os diferentes apartados da solicitude as 18:30 horas.
Sodes tod@s benvid@s.