Ed. Infantil

 Feliz verán!!!!!

O curso 2019-2020 remata, un curso que dende o 12 de marzo, nos faltou o cariño das nosas e dos nosos compañeiros de clase, esas apertas e eses recibimentos de afecto eran moi gratificantes. Moit@s de vós non vos vistes e algúns soamente a través dunha pantalla... e os nosos corazóns, non están preparados para iso, pois faltan os bicos e as apertas!
Decirvos que xa queda menos para poder volver ao reencontro e poder expresar todo o que vivimos e sentimos durante este tempo, por iso vos queremos deixar algún recordo do ben que o pasamos durante o curso mentras aprendíamos. 



TRES ANOS







CATRO ANOS




CINCO ANOS





...pero mentres esperamos o comezo do novo curso, as mestras de Educación Infantil queren facervos unhas suxerencias para levar a cabo este verán. Animádesvos a...





...chorar da risa, saltar, bañarse na praia, na piscina, correr polo campo, facer pompas... En definitiva, queremos que sexades moi felices e que desfrutedes do verán, aínda que sempre con precaución e responsabilidade, como o estivestes a facer ata agora. 




As mestras de Educación Infantil envíanvos un bico xigante para todas e todos, sempre ides a formar parte da luz que nos guíe dende o corazón, porque cada curso que pasa sodes capaces de apropiarvos dun pedaciño del...


Bo verán e felices vacacións!!!



09 de xuño

O noso calendario marca o mes de xuño. 




Iso quere dicir que xa estamos na recta final do cuso 2019-2020, un curso que xamáis imaxinamos rematar así, pero que sacou todo o mellor de nós, adaptándonos ao que algún día nos parecía imposible e sobre todo superando as nosas expectativas. Se isto o aplicamos a peques de 3, 4 e 5 anos, pois tamén ten o seu mérito, e é por iso que as mestras de Educación Infantil queremos darvos as grazas e compartir con todas e todos algunhas mostras das actividades que se realizaron durante este tempo, o que nos axudou a aprender doutra forma e marcou nas nosas vidas, un antes e  un despois.





Como fostes as nosas heroínas e os nosos heroes preferidos, aquí vos deixamos a medalla e o diploma que vos merecedes.
 
A divertiiiiiirse!


Premede na imaxe para facer o quebracabezas da medalla!!

https://puzzel.org/es/jigsaw/update?p=-M9Ik_Q5mqMCOJWcdVbO

Premede nos diplomas para descargalos e pintalos...

https://drive.google.com/file/d/1aZ0QZbvr0iUkzwtatzWDXbm4CRtdosuv/view?usp=sharing


...ou para pintalos on line!

https://view.genial.ly/5ede3b8894e0670d80a15377/interactive-content-diplomas-coloreables







GRAZAS POR TODO FAMILIAS, foron días duros e inxustos para a infancia pero coa vosa axuda e cariño todo saíu ben, de seguro que os peques  do futuro serán máis fortes pola vosa labor.




2 de xuño de 2020: Día do medio ambiente
O mundo mariño

O 5 de xuño celebrase o día Mundial do Medio Ambiente, data na cal se pretende facer un chamamento especial para motivar ás persoas a reflexionar sobre o consumo e como podemos evitar moitas das situacións que tanto perxudican o noso planeta. 

A contaminación afecta en todos os sentidos, pero este ano centrarémonos na contaminación do mundo mariño. Deixámosvos uns vídeos que vos invitan a reflexionar e concienciarse da problemática que estamos a vivir. 







Recordamos agora os nomes dalgúns animais mariños en inglés? acordarédevos de moitos seguro! Imos probar!

https://www.youtube.com/watch?v=nFxAiWkSePk

MÚSICA
Aínda que non é real, xa que os músicos dunha orquestra non poden estar nunha pequena plataforma no medio do océano como se fora un escenario, a música que escoitamos si é de verdade. Os instrumentos como o violín, o violoncello, as trompas, a tuba e as trompetas, conseguen imitar a música dos océanos, a fala dos animais marinos, case a perfección.
´
Outra actividade que vos propoño esta semana é unha relaxación, un descanso do corpo e da mente. Escoitando sons de golfiños e baleas,tumbámosnos panza arriba cos ollos pechados, cunha luz tenue e sen ruidos do exterior.Concentrámosnos na música e desfrutamos da tranquilidade e da paz que nos dan eses sons.

https://www.youtube.com/watch?v=4ZObz29U4R0&feature=youtu.be
 
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Esta semana continuando na liña das vosas profes titoras, e vendo que o mundo mariño vos gusta moito moito quero deixarvos una actividade que de seguro vos vai encantar..
 Imos pescar peixes cunha palliña, e cómo imos facelo?

MATERIAIS:
  • un recipiente
  • colorante azul
  • film
  • palliña
  • auga
  • peixes recortados (poden ser debuxados por vos, feitos de periódico, fotos,...)
ELABORACIÓN

No recipiente temos que poñer auga mediada, añadir colorante para darlle cor, e envolvelo  con film para que non nos saia fóra.
Os peixes recortados iremos intentando recollelos coa palliña, facendo absorción como se de un zume se tratase e tentaremos poñelo no recipiente con auga sen que caiga.
Cada vez que encestemos, faremos o son do peixe, Sabedes como é? Tamén podedes poñer letras  no reverso ou sílabas e ir decindo as que recollemos. O importante de todo é falar e falar, comunicarse, expresarse,...
Aquí vos deixo unas fotiños de anos anteriores que mostra o ben que o facíades!
A practicalo e divertirse moito!!
Se queredes podedes probar a facelo na Praia, colledes auga nun cubiño e levades os peixes recortados e tentades botalos, tamén é moi divertido!
Lembrade que se queredes podedes enviar alguna fotiño.
Mándovos un bico  de balea... moi moi grande !!!





4º Educación Infantil 

Cando comezou o confinamento, as e os peques de 4º de Educación Infantil estábamos a traballar nun proxecto, para axudar aos nosos amigos os pingüíns. Con eles fixémonos especialistas en reciclaxe pois debíamos axudalos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que estabamos a facer... 



Agora toca celebrar o día  Mundial do Medio Ambiente, no cal todas e todos estamos participando, porque xa sabemos como debemos de reciclar, reutilizar, reducir o consumo de certos materiais... por iso vos propoño as seguintes actividades. 

- Clasificamos o lixo 

Para repasar en que contenedor podería ir o lixo, que vos parece se axudamos a clasificalo? 




- Emocións do mundo mariño


Reducindo, reutilizando e reciclando, axudaremos a manter un ambiente máis limpo e saudable para todas e todos.  A nós gústanos ter todo limpo, e a os animais mariños? Adiviñade como se senten os animais co lixo e sen o lixo....


(Na marxe dereita hai varias opcións para cambiar de plantilla, e así o xogo pode ir variando, aínda que as preguntas e as respostas sexan as mesmas, sempre os pode motivar máis)


- A lateralidade

Os peixes, para desprazarse polo mar, nadan... busca un peixe que nade na mesma dirección e sexa igual que o peixe que se vos presenta. 





- Relaciona coa súa sombra

No mar, non soamente podemos atopar peixes, hai algún animal mariño máis... busca a súa sombra e relacionao co animal correspondente. Ademais, comenta como se chama, de que cor é....





- Creacións na praia

E se tedes oportunidade de ir á praia, que vos parece se xogamos a facer series coas cunhas que atopedes?



e se facemos construccións na area? 




e se escribimos ou debuxamos na  area? 




Se non imos á praia sempre podemos facer a nosa bandexa sensorial e facer isto mesmo nela, poñendo area, azucre, sal... nun recipiente e deixar que eles escriban ou debuxen, agochar xoguetes na bandexa para que os atopen e falar sobre as carcterísticas dos xoguetes...


- Arte mariña

Seguramente teñades botellas de plástico pola casa ou algún rollo de papel hixiénico... poderedes facer un xogo ou mesmo decoración para as vosas casas con este material, así poderedes reutilizalo e colaborar co medio ambiente. 








E incluso, déixovos un vídeo por si queredes reutilizar algunha camiseta que xa non vos sirva, que non utilicedes... para facer unha bolsa da compra e así evitar os plásticos que tanto dano nos fan. Ademais, coa situación que estamos a vivir, podería lavarse despois de cada compra, sen dificultade. 








Para facer partícipes as e os peques, poderían decorala ao seu gusto e tamén cortar coas tesoiras, marcando previamente, un adulto, a zona pola que deberían cortar. 

Animádevos e enviádenos as vosas creacións, se nos autorizades, publicarémolas aquí. Seguro que lles fai moita ilusión ver as súas actividades e as dos seus compis. 
Ánimo familias, xa estamos na recta final e estades a facelo moi ben.

Unha aperta!!



5º Educación Infantil 
Seguro recordaremos cando vimos en clase a tartaruga co plástico arredor do corpo, as bolsas de plástico no mar semellando medusas, a foca enredada na rede... Estas son cousas que podemos evitar, e como? pois intentando sempre levar a nosa propia bolsa ao mercado ou non tirando cousas ao chan e gardalas ata buscar un lugar apropiado onde botalas...

Lectoescritura e lóxica matemática: Veña! sigamos xogando e aprendendo! Premede na imaxe e... a xogar!
https://view.genial.ly/5ece1ca292dd1e0d828dbe76/interactive-content-cuidemos-el-oceano


Arte: Fagamos o noso propio fondo mariño!
Para iso necesitaremos:
  • Un  cartón,
  • témpera ou pintura azul,
  • pegamento ou cola branca,
  • lentellas ou alubias,
  • papel de seda verde ou pintamos un folio de verde,
  • un globo.


Pintamos o cartón con pintura ou témpera azul.
Nunha esquiniña poñemos o pegamento ou a cola e pegamos as lentellas ou as alubias.
Rasgamos o papel de seda en tiras ou o cortamos coas tesoiras de despois o arrugamos e volvemos a estiralo.
Botamos pegamento na parte de abaixo onde imos pegar o papel de seda e un pouquiño tamén arriba para que as nosas algas non se caigan.
O máis difícil será inflar o globo e facerlle o nudo, para o que necesitaremos a axuda dun maior.
Facémoslle o ollo cun rotulador ou lle pegamos un papeliño negro.
E, se queremos, decoramos o mar con gomets ou con pintura azul de distintas cores.
Animádesvos a facelo?





6º Educación Infantil 

Ola familias, saber reciclar todos os residuos, respetar o Medio Ambiente e coñecer qué podemos facer para perservar a nosa natureza, son grandes ensinanzas e retos, que tanto pais como mestres temos por diante. É necesario que @s cativ@ medren tendo a mentalidade de que coidar o noso entorno é primordial; de todo eso depende a nosa saúde...

Despois de ver e desfrutar os videos vamos a xogar cuns xogos de intelixencia e habilidades.



Lectoescritura.
  • LECTURA, vamos a ler sobre o peixe Tony e contestar as preguntas da ficha interactiva. Recordade  pinchar no título azul clariño. Ánimo!

                                                 Peixe azul



  • SOPA DE LETRAS, repasando o abecedario encontraredes palabras de animais mariños, tedes que pensar moito e aprenderedes palabras novas  en galego de forma moi divertida. Poderedes xogar en grupo potenciando as habilidades das estratéxias espontáneas.
                                                                  Animais mariños

                     

                  


Lóxica matemática.

  • MEMORY, aumentaremos a nosa atención e memoria. Farémolo moitas veces e así adiviñaremos moi rápido donde se atopan os animais.

                                              Animales mariños



  • PUZZLE, conseguiredes relaxarvos facendo éste fondo mariño, vades a xerar moita satisfación o conseguír facelo (deberedes estar moi atent@s).
       Facer  quebracabezas mantén activa a curiosidade e mellora a capacidade de resolución de problemas.


                                                              Mundo mariño






  • SUMAS, repasaremos operaciones sinxelas.

                                      SUMAS CON PEIXES






Arte: Convertir os residuos en xogos axúdannos a reciclar. Con creatividade  podemos obter obxectos moi chulos e personalizados.
Propóñovos facer uns PEIXES; é moi doado de construír con botellas de plástico.Vamos a esmagar (con pés ou mans) polo medio da botella deixando o fondo para que nos sirva de cola, unha vez esmagado e coloreado cortamos a parte máis estreita e  voilà!!!!
Espero os vosos!!!



Agora que vades ir moito á praia observade e charlade c@s peques que os plásticos e basuras de todo tipo son un gran problema para o ecosistema mariño.

O noso gran cometido debería ser coidar, protexer e consevar o noso planeta da contaminación e lograr un mundo moito mellor.
FELIZ SEMANA FAMILIA,UNHA APERTA OS NOSOS HÉROES SEN CAPA.



E xa  que esta situación non nos deixou facer a nosa saída ao Aquarium da Coruña para coñecer un pouco máis sobre o fondo mariño, deixámosvos diferenres visitas virtuais. 

Aquarium Barcelona
















Aquarium Finisterrae Coruña



Ademais, se vos apetece e tedes Facebook, e entrades na páxina de Museos Científicos Coruñeses, podedes ver a información que están compartindo estes días connosco, xa que é moi interesante. 






Esperemos que difrutedes destas visitas virtuais, podedes aproveitar e mirar no mapa donde está situado cada un deles, cal está máis lonxe, máis cerca... e sobre todo recordar a importancia de coidar o noso medio ambiente. 


As mestras de Educación Infantil 


26 de maio de 2020: Ponte no meu lugar

Ponte no meu lugar 

Esta semana imos a traballar con este conto de Susana Isern que a través del, podemos aproveitar para reforzar algúns dos valores nos que facemos moito fincapé no noso centro, a empatía. 
Neste conto, Grilo pasea polo campo e vaise atopando con diferentes animais, e cada un ten un problema diferente, pero como a Grilo non lle afectan, pois non lle parece importante e non lles fai caso. Ao chegar a noite cando Grilo quere dar o seu concerto, dase conta que as cordas do seu violín están rotas, agora ten un problema, pero grazas aos seus amigos que lle axudan, Grilo pode dar o concerto. 
Esa noite, Grilo, levou unha gran lección, pois todas e todos debemos respectar e comprender as diferentes emocións e situacións que están vivindo os demais, aínda que non sexan as nosas nese momento. 

Saber e sentir que os demais te escoitan e te entenden fai que nos sintamos seguros, e iso é o que pretendemos para o noso alumnado.  

 Preme na imaxe para ver o conto.
https://drive.google.com/open?id=1PZTZ5toXzSXLTwauYxgrYSN1IQXcWEmg

Movemos un pouquiño o noso esqueleto co baile do Hokey Pokey?
Imos !!

https://www.youtube.com/watch?v=tN3CFyuyelw


E cantamos tamén un pouquiño en inglés...

https://www.youtube.com/watch?v=oybEMWW23uU

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe unha semana máis a mestra anímavos a facer algún sons dos insectos que atopamos no conto.  
Cales eran? o grilo, a xoaniña, a araña...
Lembrade que é moi importante reflexionar sobre os sons, xa que de sons está formada a nosa fala. Se conseguimos pensar, distinguir e seleccionar sons, adquirimos grandes cualidades sonoras e comezaremos a vocalizar e pronunciar correctamente as palabras.
Espero que esteades ben e que vos divirtades moito coas nosas actividades!




4º Educación Infantil

Aproveitando o conto desta semana, gustaríame que reflexionarades en familia sobre a actitude de Grilo. Se as peques e os peques crecen  respirando comprensión, respecto, cariño, empatía... aplicarano no seu día a día ao igual que os amigos de Grilo. 

- Quen é quen? 


Quen non xogou algunha vez a este xogo tan divertido? Aproveitando as personaxes do conto Ponte en mi lugar, imos a xogar a adiviñar de que animal se trata, para iso debemos dar pistas pero non podemos decir o nome do animal. 





Este xogo aporta moitos beneficios, xa que favorece o desenvolvemento de algunhas capacidades cognitivas como a atención, a memoria, a linguaxe ou a lóxica, ademais de ampliar o seu vocabulario. 

- O grilo dos nomes

E para repasar un pouquiño que vos parece se xogamos cos nomes dos compis da clase? É moi sinxelo, igual que se xogaramos á OCA pero cun Grilo saltarín, temos que tirar o dado, contar cantos puntios ten e movernos tantas casillas como puntiños teña a cara do dado que nos tocou, e como non, ler o nome que aparece na casilla. Se non nos lembramos, non pasa nada, seguro que algúen nos pode axudar.
 Podedes imprimir o taboleiro ou xogar movendo co dedo, coidado se che toca a casilla do grilo,  tes que saltar para o seguinte grilo.


- Os nosos nomes
Agora que xa xogastes cos nomes e os recordades mellor, podedes xogar a ordear as letras e ver que nome aparece. Se necesita axuda, igual podemos colocar a inicial no principio para así ir completando.



- Quebracabezas
E que vos parece se facemos un quebracabezas con algúns dos animais que aparecen no conto? 




- As xoaniñas

Lembrades que a xoaniña perdera un dos seus círculos? Imos a contar cantos círculos ten cada xoaniña e a marcar o número correspondente. Se vos apetece tamén os podedes escribir nun papel e comprobar despois. 








- Arte primaveral

Que alegría poder saír a dar un paseo e deixar voar a nosa imaxinación coas flores, follas, pedras, paos... mirade que fixen eu, aproveitei para repasar o esquema corporal, apetécevos facelo? ou facer outra obra de arte primaveral... 



Se nos enviades as vosas fotos e nos autorizades a publicalas no blog, faremos unha sorpresa con elas. 
Ánimo peques, estou segura que sairán preciosas obras de arte. 

Unha aperta!!


5º Educación Infantil

Ola familias! Gustouvos o conto? Despois de velo podedes preguntar aos vosos fillos e fillas algunha preguntas sobre o conto como que fixo mal grilo, que fixeron ben os demais insectos... é importante que os deixedes falar para ver que foi o que entenderon...

Lectoescritura e lóxica matemática: Agora imos aprender un pouco máis sobre algúns desdes animais xogando ao xogo que vos propoñemos a continuación. Tedes que pasar por todas as casillas... moita sorte!!!
Premede na imaxe para empezar a xogar.

https://view.genial.ly/5ec6934fad9c9e0d8e2050d3/interactive-content-tablero-bichos


Arte: Hoxe imos facer a Grilo... Só necesitamos... cartolinas verdes ou folios brancos pintados de verde clariño e verde oscuro, tesoiras, e pegamento.


Encolaremos o folio verde clariño e o pegaremos no tubo de papel hixiénico, despois metemos para dentro os bordes que nos haxan sobrado. No folio verde oscurofacemos o molde las seis patas, catro pequenas e dúas grandes que pegaremos a ambos lados. Tamén faremos dous círculos aproveitando a tapa do pegamento que serán os ollos e faremos outros máis pequenos en verde clariño para pegar no medio dos grandes. Se temos un rotulados ou lápis farémoslles uns puntiños negros no centro. Pegamos os ollos a ambos lados tamén e... e xa temos o noso GRILO!!!




6º Educación Infantil


Ola de novo familias! espero que vos gustase moito o conto que con tanto agarimo fixemos as mestras para tod@s vós. Debemos seguir traballando a empatía nos máis peques, así serán menos agresivos, máis comunicativos, capaces  de expresar mellor os seus sentimentos e medrarán fortalecendo a súa autoestima.
Ésta semana vamos a repasar coa axuda dos bichos e natureza. Ánimo!!!



LECTOESCRITURA E LÓXICA MATEMÁTICA

De forma entretida e con moito bicho polo medio repasaredes conceptos de lectoescritura e matemáticos para non esquecernos. A fedellar peques!!!

Pinchade no títulos e a desfrutar.



                                            BICHOS 


(Xogo educativo elaborado por Carmen Cardeñosa.)










ARTE



Faremos ARTE NATURAL, recollendo elementos naturais e construíndo creacións efímeras, clasificando, xuntando, restando, direccionalidade e traballando a motricidade fina de forma lúdica.
Aquí vos quedan uns exemplos.












CUBITOS DE XEO, xa sabemos como lles gusta xogar coa auga pero o raro é que fagan cubitos de xeo ,peeeero... saben cómo se fan? Ver e participar no proceso que converte a auga en xeo (paso previo a ver o proceso de licuación) é apaixoante para os peques.

De seguro que participar no estado da auga, gozar do experimento e seguir desenvolvendo moitas destrezas será xenial para facer nestes días. Espero os vosos cubitos de xeo! A imaxinarrrr!



                                      




"Observa profundamente a natureza e entenderás todo moito mellor". Albert Einstein.









Para rematar, quixeramos recordarvos, unha vez máis, que non esquezades a importancia da autonomía persoal e de facer partícipes as e os peques nas tarefas diarias da casa. Se queremos, por exemplo, que a peque ou peque emparelle os calcetíns e os doble, que os clasifique por tamaños, por cores... estanse a traballar conceptos matemáticos. Igual ás veces non nos decatamos da aprendizaxe que leva "oculta" unha tarefa como esta, e por outra banda, como aplica os seus coñecementos, en diferentes contextos da vida cotiá. 

Sabemos que a vosa preocupación existe porque hai interés, porque queredes o mellor para as vosas e os vosos peques, porque sodes familias implicadas na educación, por iso agora, unha vez máis pedimos confianza, xa que queremos seguir camiñando neste proceso da man. Moitas veces intentanse facer actividades, coa mellor intención, pero queremos facervos saber,  que existe a posibilidade de que se reflexe o efecto contrario,  perxudicando as e os peques, porque se collen malos hábitos, porque podemos confundilos, porque aínda non están preparados e necesitan madurar... por iso ,familias, pedímosvos tranquilidade,  porque todas e todos sabemos polo que estamos pasando e en ningún momento se vai esquecer esta situación, cando se retomen as clases presenciais. 


Unha aperta!!

As mestras de Educación Infantil


19 de maio de 2020: As pitas baixo a choiva

Ola familias! 
O pasado domingo 17 de maio foi o día das letras galegas, adicado este ano ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Este ferrolán foi un gran impulsor da lingua galega e deu vida a distintas obras. As mestras de Infantil ímonos centrar no seu conto...  

AS PITAS BAIXO A CHOIVA.


https://www.youtube.com/watch?v=lBvbDEcxbqU


As pitas estaban molladas porque empezou a chover... gustaríavos facer chover cando quixérades? Pois Cris, a profe de música, vai facer os vosos soños realidade amosándovos como se fai un pau de choiva! estade moi atentos ao vídeo.

https://drive.google.com/open?id=1j2v7NDQw5Sei_bfZsv3FTG6ZoDg5s_S-

Xogamos á pita cega? Na pita cega os xogadores forman un corro e dentro del sitúase un neno cos ollos tapados cun pano. Comezan a xirar mentres cantan a rima. Ao rematar a canción o xogador que é a pita cega pilla a un neno do corro e deberá identificalo tocándoo. Así o pillado convértese na pita e o xogo volve a comezar.
 Aprendémonos a canción e xogamos?
  Gallinita ciega
busca en el pajar.
—¿Qué se te ha perdido?
—Aguja y dedal.
—Da tres vueltecitas
y lo encontrarás.
 Gallinita ciega
gira sin cesar.
¡Pobre gallinita,
se va a marear!


Cantamos outra canción en inglés? Esta vez vos deixamos esta canción de un pequeno pitiño, como se di pito en inglés? que letras ten? ímolo ver!
https://www.youtube.com/watch?v=rHf8tFaK59k


ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Dende estimulación da linguaxe, como non pode ser doutra maneira temos que practicar a nosa lingua, e que mellor maneira que  inventar o noso propio conto. Xa víchedes o conto de Ricardo Carvalho Calero das pitas baixo a choiva,  e agora é o voso turno. Déixovos unha imaxe, e a partir de ahí tedes que inventar un título, describir o que está a pasar e rematar cun final distinto. Podedes poñerlle nomes aos protagonistas, meter máis personaxes... o que queirades….usade a vosa imaxinación e sobre todo as vosas palabras!
Aquí tedes a imaxe… 


Como xa vimos en moitas ocasións, as pitas ou galiñas son animais que podemos atopar na granxa polo que tamén quero deixavos un vídeo ANIMALES DA GRANXA no que podedes practicar os sons dos amigos e amigas das galiñas, é moi divertido!

Por último déixovos unha manualidade que consiste na elaboración dunha galiña para poder practicar o soplo, ademáis de axudar a controlar a respiración, axuda a adestrar os músculos que participan na fala, especialmente os da meixela que son os que empregan para silbar, soplar... e tamén nos axudan a controlar a ansiedade e a emocionabilidade.
 MATERIAL: 
  • unha palliña
  • un vaso de cartón ou plástico 
  • un guante de látex
  • fixo
  • rotulador

ELABORACIÓN:

No vaso poñeremos un guante amoldado na parte aberta e fixaremolo con fixo. Nun lateral faremos un pequeno buraco no cal meteremos a palliña e o guante decorámolo como unha galiña e xa podemos soplar! A ver quen consegue inflalo de todo!

 Un biquiño moi moi grande, xa queda menos!







4º Educación Infantil 

Como estades familias? Sei que existen dificultades para conseguir que as peques e os peques realicen actividades, por iso a pesar da comunicación que imos tendo, recordarvos que é normal, que vos atopedes ante esta situación. Non vos agobiedes, se a peque ou o peque non está motivado, o resultado nunca vai a ser o esperado e nestes momentos temos que establecer prioridades, e o benestar emocional, é unha das nosas prioridades.  Recordade a importancia das tarefas que se vos proporcionaron ó principio do confinamento, como poden ser... vestirse, calzarse, cepillarse os dentes, peinarse, ducharse, poñer cremalleira, botóns, abrir e cerrar mochila... iso tamén é traballo e non menos importante que o resto. Que soamente queiran xogar, non é un problema, pois o xogo infantil é unha necesidade básica para o bo desenvolvemento da intelixencia e tamén para o equilibrio emocional. 

Esta semana,  propóñovos repasar conceptos xa traballados dunha forma lúdica, como o facemos habitualmente. 


Lectoescritura:
Imos a relacionar cada animal dos que aparece no conto co seu son, incluso podedes seguir xogando con outros animais coñecidos por eles para imitalos e así aproveitar para repasar sons do seu entorno.





E xa que a actividade dos sons era moi sinxela, pinchade nesta imaxe e escribe a palabra escrita, buscando con moita atención as letras para escribilas de forma ordeada. 



Lóxica matemática:

A nosa pitiña ten moita fame, e ímoslle a dar de comer. Eu propoño estar moi atentos e darlle o maior número de garavanzos mentres a nosa parella conta ata 5, se sabe contar ata un número superior a 5 tamén se pode modificar. 
Para esta actividade, necesitamos :
- 1 caixa de zapatos
- 1 folio
- pinturas
- garavanzos



E ademais tamén vos deixo un xogo moi divertido, tedes que pinchar na imaxe e atopar unha imaxe igual para facer parellas.




https://puzzel.org/es/memory/play?p=-M7bLRhsCFgq46W50P3N




Actividade plástica:

Apetécevos mancharvos un pouquiño coa pintura? e se non temos pintura que vos parece se facemos un pouco chocolate e pintamos a man de chocolate? Podemos facer unha pita coa man, e despois teríamos que poñerlle as patas e o pico, igual pode axudarnos alguén da casa. Podedes facer a vosa propia creación, podedes facer unha pita ou moitas pitas como tiña Ricardo.



E aquí vos deixo o galo do curro, que se consideraba o rei,  para que lle poidades dar cor dunha forma especial, ides a pintar cun pincel máxico moi parecido ao da nosa pizarra dixital da clase. Se vos animades, podedes pintar mais amiguiños da granxa. Tamén tedes opción de borrar tantas veces como queirades ou de imprimir e pintalo coas vosas pinturas. 



Espero que disfrutarades moito das actividades peques!!


5º Educación Infantil
 Ola familias! Que vos pareceu o conto? Antes de comezar imos facer un exercicio de atención... Temos que fixarnos ben no debuxo e logo, co que lembremos, responder catro preguntas... ahí vamos! Premede na imaxe!

https://view.genial.ly/5ebe15db8e243b0d5a32afea/game-as-pitas-baixo-a-choiva


LectoescrituraPreme no dado dúas veces, unha para empezar e outra para parar. Según o número que che saia lé a letra que está ao lado e di os nomes das imaxes.
 Despois fíxate ben:
  • Hai algún pitiño nas imaxes?
  • Que din os pitiños?
  • Que números no dado nos teñen que sair para ler a voz do pitiño (pío)?

https://view.genial.ly/5ebe51b232a04c0d96b6f398/interactive-content-dados-letras

Lóxica matemáticaOvos en orden!
Con tanta choiva os ovos das galiñas desordenáronse... podes axudarllas a seguir o orden? Arrastra os ovos seguindo as series.

https://view.genial.ly/5ec28abbd31b220d0fab67ca/interactive-content-huevos

Podedes facer máis series con cousas que teñades por casa, veña, imos ordear!

Actividade plásticaPitiño esponxoso no microondas.
Para iso vamos necesitar os seguintes materiais:

  • 1 taza de fariña,
  • 2 culleradas de polvo de hornear,
  • 2 culleradas de sal,
  • Auga,
  • Colorantes alimentarios (opcional),
  • Mangas pasteleras desbotables ou bolsas de plástico pequenas.
  • Cartón groso ou papel de forno (non vale papel xa que se molla e rompe),
  • Microondas.
 Mezclamos os ingredientes secos e botamos auga pouco a pouco ata lograr unha consistencia como á da masa das tortitas. Añadimos o colorante ata obter o color desexado e xa so queda meter a masa, ou as masas se fixéchedes varios colores, nunha manga ou bolsa e a pintar sobre o noso cartón ou papel de forno!
Unha vez feito o debuxo métese máis ou menos 30 segundos no microondas ata que se vexa seca. Se utilizamos o papel de forno podemos despegalo con coidado e quedará unha figura que poderemos colgar.
 Déixovos un vídeo de como fixen o meu pitiño! 
https://drive.google.com/open?id=1oWeBKZL7A9eBp_lPBsFhSdb6Fc5hkUlH

E, rapaces e rapazas, sabedes que sempre nos gusta recibir fotos coas vosas creacións así que animaros a seguilo facendo! Botámosvos moito de menos!

6º Educación Infantil
Benqueridas familias, alá polo 1963 cando se cumprían 100 anos da publicación do libro de Rosalía (gran escritora galega), a Real Academia Galega decidíu marcar no calendario un día para festexar as nosas letras galegas, por iso cada 17 de maio celebramos que temos lingua e literatura propia, o galego!

Lectoescritura: Unha vez desfrutado este marabilloso e divertido conto de Carvalho Calero anímovos a facer a ficha interactiva compartida por unha mestra en liveworksheets, na cal deberedes ter moito ollo e ler amodiño para non confundirvos .


AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Pincha no título para acceder



Deste relato, que narra un feito anecdótico da infancia do autor, saíron varias preguntas para relacionar coa resposta correcta. Ánimo! A ver cantas acertades á primeira peques!



Lóxica matemáticaOVEIRAScoa axuda das oveiras para gardar os ovos vamos a poñer a traballar as pequenas mentes matemáticas. Dentro de cada oco poñeredes uns ovos recortados pol@s nen@s e numerados, despois coa axuda dunha culler transportaredes o número de fabas que nos indique o ovo.




OVO MATEMÁTICOdebuxaredes nun gran cartón un ovo xigante con varios números no seu interior, logo tiraredes os dous dados e deberedes sumar os resultados que saíron o azar, unha vez sumados atoparedes a solución no ovo rodeando cun lápis ou repasando co dedo.








Actividade plástica: PITAS, ésta  semana propóñovos un reto relacionado co conto: CREA A TÚA PROPIA PITA! como sodes  unhas e uns grandes artistas deberedes elaborar unhas pitas. Faremos un collage coas vosas obras de arte que mandedes ao correo do cole ou tamén por tokApp. Eu deixo algunha idea, agora vos...a imaxinar!!!









Non esquezades nunca que as nosas letras merecen ser festexadas por todo o alto e sempre! tamén deben ser faladas @s máis cativ@s, pois son froito da nosa cultura.

FELIZ SEMANA FAMILIAS, SEGUIDES A SER UNS CAMPIÓS E UNHAS CAMPIOAS!




12 de maio de 2020: Cociña en familia

Ola familias! Esta semana é moi especial xa que o próximo venres 15 é o Día da familia.
Para conmemorar esta semana propoñémosvos cociñar xuntos en familia. Cociñando xuntos, sen darnos conta, practicaremos a lectura e incluso principios matemáticos á hora de enfrentarnos ás distintas recetas, controlando cantidades e medidas, seguindo así unha serie de pautas para elaborar riquísimas receitas. Aprenderemos dunha forma divertida en familia a organizarnos implicándonos na actividade sen olvidar que, manipulando diferentes ingredientes, desenvolveremos a nosa motricidade e coordinación, tamén moi importante no desenvolvemento.

Tamén coas cousas que temos en casa podemos facer música! 
Imos ver agora a suxerencia de composición da mestra Cris.

https://drive.google.com/open?id=1gNPscSgfZy5yVTsXBU-vXehKzC3I01lA


E lembrades estas receitas en inglés? 
Unhas eran yummy e outras... yucky! 

https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk

Apetecevos o baile da froita?
Empezamos cunha adiviña e despois bailamos coa nosa familia!

https://www.youtube.com/watch?v=FPZhCp5pOFE


ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe esta semana do día da familia imos recordar que o desenvolvemento da linguaxe dos máis pequenos e das máis pequenas. Moitas veces, as familias dispoñemos de pouco tempo diario que adicar á conversa entre os membros da familia, así que esta é unha moi boa oportunidade.

Aproveitando as actividades que vos deixan as vosas titoras, imos estimular a fala con preguntas directas, simples e axustadas ao seu nivel de comprensión, que non teñan unha resposta de si/non, ben/mal, senón que sexan abertas a que o neno ou a nena nos teña que aportar máis información. Por exemplo, en lugar de preguntarlles “que tal o pasaches hoxe?” hai outras alternativas como “cal foi a actividade que máis che gustou das que fixemos hoxe?”, cal é a froita que máis che gustou?, a receita que fixemos hoxe é doce ou salgada?,... calquera outras que se vos ocorran.

Por outro lado propóñovos que fagades rimas, que consisten en buscar palabras que acaben igual. Entón cando esteamos facendo a receita, ou xogando con froita podemos pedir que nos diga unha rima. Por exemplo, que rima con fresa? pesa, qué rima con mazás? papás... e todo o que se vos ocorra. Recordade que a linguaxe infantil está influenciada polo estados emocionais, trataremos de facelo en ambiente tranquilo e relaxado e sempre desfrutando en familia!

Espero que vos guste familias!


4º Educación Infantil 
Non me cabe duda, das cociñeiras e cociñeiros que hai na clase de 4º de Educación Infantil, xa que foron moitas as horas que adicastes ao recanto da cociña durante este curso. Esta semana imos a traballar cunha receita, de larpeiras e larpeiros, para facer en familia... a tarta de mazá.
Pero antes de nada, debemos lembrar que cousiñas, tan importantes,  debemos preparar antes:



A receita da tarta de mazá, que se presenta no vídeo é con ovos pero para aqueles que presenten alerxia ou intolerancia ao ovo, deixamos unha receita de tarta de mazá sen ovo. Cada familia poder valorar a situación e escoller a que máis lle guste.





















Lectoescritura:

Adiviña de que ingrediente se trata cando escoites a miña voz e levao coa foto. Verás como vas descubrindo todos os ingredientes e incluso unha vez que xa os coñezas, que che parece se xogamos a decir por qué letra comeza, ou incluso se te atreves... a esciribir o nome de algúns.


                        Que necesitamos para a tarta de mazá?







Lóxicamatemática:

Vamos a escribir en tres folios,  o número 1, e con axuda de alguien repasamos ou copiamos nun folio o número 4 e noutro o número 5. Unha vez que temos cada número nun folio diferente, imos asociar a cantidade co número que nos indica a receita, é dicir, o vaso de azucre, de leite e de fariña co número 1, os ovos co número 4 e as mazás co número 5.  Unha vez asociado, imos ver se hai máis mazás ou ovos, ou se hai mais vasos de leite que mazás...






Arte na cociña: 

E xa que estamos na cociña, que vos parece se facemos unhas merendas divertidas en familia? Por outra banda, aquelas familias que se atopen con dificultades para que as súas ou os seus peques, coman froita igual podemos animar a situación e decorar as merendas dunha forma atractiva, aquí vos deixo un animaliño que lles gusta moito e aproveitando o momento recordamos por que letra comeza, repasamos as cores da froita empregada, o nome das froitas, a cantidade que se empregou...porque segue aprendendo dunha forma divertida. 




Sería un pracer, recibir fotos das vosas merendas divertidas e da tarta de mazá. 

5º Educación Infantil
Para este día tan especial imos facer unha receita moi fácil de brownie ao microondas. Fixádevos ben nos números das cantidades e tamén podedes pinchar nas culleradas para ter máis información dos ingredientes que imos empregar...

https://view.genial.ly/5eb7bf788c034e0d162d64ef/horizontal-infographic-review-receta




Lóxica matemática: Que números faltan?
Volve a receita e:
  • En pequenos papeliños escribe os números que ves en TODA  a presentación (hai algúns números por ahí bailando).
  • Ordénaos do 1 ao 8. 
  • Falta algún número? Cal é? Escríbeo nun papel.
  • Agora ordénaos esta vez de maior a menor sen olvidarte de ningún! Volve a facelo as veces que queiras!


Lectoescritura: Unha sopa de letras!

 Que mellor para seguir traballando en cociña que esta sopa de letras coas letras que xa coñecemos, neste caso, coa S e coa P.
Lemos as palabras e as buscamos entre todas as letras. Tede en conta que poden estar en horizontal ou en vertical. Moita sorte!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5708409-sopa_de_s_y_p.html


Actividade plástica: Arte con comida.

Coñecedes a Arcimboldo? Foi un artista que facía caras a partir de froitas, verduras, plantas. Eu xa fixen a miña con froita e frutos secos, vos animades a facelas vosas caras?  Podedes facela co que atopedes a imaxinación é libre! E acordádevos das orellas, esas grandes olvidadas!



Cada semana que pasa nos queda un pouquiño menos para volver a vernos.
Xa sabedes que nos encantan as fotos así que animádevos a mandar as fotos de todas as vosas creacións. 
Un forte abrazo familia!

6º Educación Infantil


  Que mellor forma  a de cociñar para aprender e desfrutar en familia! recordos que quedarán nos seus corazóns por sempre...

  Os peques poden axudarvos a preparar os ingredientes, dictar unha receita, gardar a compra, lavar froitas, aliñar ensaladas, e como non a elaborar miles de receitas. Entre tod@s estaredes a traballar moitas habilidades en familia. Aquí vos deixo unha mostra dunha macedonia e un xogo para facer xuntos.

Macedonia de froitas





 Lectoescritura: SOPA DE LETRAS INGREDIENTES
  Entre maiores e pequenos buscaredes na sopa de letras os ingredientes para a elaboración dun biscoito. Despois de buscalos deben escribir (dictándolle) os ingredientes que atopastes, una vez  escritos deben decirvos de cantas consonantes consta cada palabra . Para rematar será divertido elaborar o biscoito e comelo tod@s xunt@s!


                                                               SOPA DE LETRAS
 
                                                    



Lóxica matemática: MATES ENTRE FROITAS

  Algunha vez vos parastes a pensar en todas as veces que tedes que calcular, medir, estimar ou comparar cousas cando estamos entre fogóns? Animádevos e convertide a cociña nun laboratorio de xogos para divertirvos en familia.
  • Asociación de número - cantidade con arándanos. Podedes facelo con outras froitas e ir aumentando os números para practicar o conteo.



  •  Series. Neste caso fixen unha cobra con 2 rodaxas de fresa e 1 de plátano (dous - un). Para ir dificultando deberánse introducir máis froitas e así saborear un maior número de vitaminas.



  • Concepto de anterior, medio e posterior. Coa axuda das froitas poñeremos cal é o número que vai no medio do anterior e posterior, en vez de escribir o número farémolo con anaquiños de froitas.
                      
                                   
  Actividade plástica: CADROS CREATIVOS

  Faredes divertidos cadros con formas xeométricas con diferentes alimentos, despois de retratar a paparrrrr! espero algunhas fotos!!! éstas son as miñas!



                                                                      




E despois de traballar coas actividades elaboraredes a mellor receita de todas! necesitaredes: infinitas tazas de comprensión, 10 de paciencia, 7 de tenrura, 5 de amizade, 9 de amor e 8 de alegría... removede ben e a tomar con ilusión tres veces ó día!!!
Tal vez non o temos  ahora todo pero XUNT@S temos todo o que necesitamos! ÁNIMO!

E para rematar deixámosvos un vídeoconto que nos fala sobre os modelos de familias, esperemos que vos guste. 



UN MILLÓN DE BICOS FAMILIA!






GRAZAS POR FORMAR PARTE DE NÓS!


05 de maio de 2020: Vivan las uñas de colores!


Vivan las uñas de colores é o conto que as mestras de Educación Infantil decidimos contar para traballar co noso alumnado a conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar. Intentamos en todo momento crear un clima de respecto, onde todas e todos poidan expresar libremente as súas ideas, gustos... e tamén poñerse na pel das compañeiras e compañeiros cada vez que existe un conflicto, pois a empatía é moi importante. Falando de empatía, consideramos que este conto é moi axeitado pois está baseado  nunha historia real, que unha familia difundiu a través das redes sociais tras vivir esta situación co seu fillo de 5 anos. Por iso queremos poñer o noso gran de area para recordar que todas e todos debemos ter a liberdade para decidir que cousas nos gustan e cales non nos gustan, independentemente de que sexas nena ou neno.





Esperemos que desfrutedes do conto e pensedes en Juan, para que ninguén se teña que chegar a sentir como el. 

Agora imos abrir ben as nosas orellas para identificar, con este xogo de memory, os sons das nosas emocións cos monstruos do monstruo de cores.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5655134-identifica_o_son_coa_emocion.html

Para seguir coas emocións esta semana vamos a ir vendo como nos sentimos. Para isto só temos que debuxar e colorear a cariña coa que nos sentimos máis identificados e metela nun frasco. Podemos coloreala da cor que máis nos apetezca. Ao final da semana abrimos o frasco e recordaremos como nos foi nos días anteriores.


Apetécevos un pouco de exercicio? Recordade que debemos de facer exercicio todos os días e para iso aquí vos deixamos un xogo moi divertido. Premede na imaxe!

https://drive.google.com/open?id=1-XBn9Ur4HF3AnH2sssuHCqGQXUoyG0GI
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Dende estimulación da linguaxe quero propoñervos unha actividade de soplo relacionado co libro de VIVAN AS UÑAS DE CORES, recordade que non hay cousas de nenos e cousas de nenas, só hay cousas que nos gustan e que non nos gustan e as familias decirvos que nestas decisións  estamos involucrados a escola, a familia e os amigos.
Pinchade aquí abaixo no enlace e veredes como levar a cabo a tarefa!!
Lembrade que podedes mandarnos fotos, vídeos realizandoas e así podemos ver qué ben o facedes!



4º Educación Infantil 

Despois de escoitar o conto, imos a traballar co que mais lle gustaba a Juan... pintarse as uñas, pero esta vez ímolo a facer dunha forma diferente. 

Lectoescritura:

Nesta actividade, imos a pintar uñas e a decoralas coas vogais. Despois escribiremos as letras segundo a cor que nos indica cada uña, pincha no título e presta moita atención. 



Lóxicamatemática:

Agora, contaremos cantas uñas hai pintadas e relacionarémolo co número. Como facemos moitas veces , asociamos o número coa cantidade que representa. 




Actividade plástica:

Para realizar esta actividade vamos a necesitar a axuda dun adulto  e ademáis:
- 1 caixa de cartón
- pinturas
- folio
- tesoiras
- pegamento ou fixo
- lá para facer un pompón ( pincha na palabra e mira como podedes facer)
- 1 vaso de iogur

Agora, preme no título e veremos como podemos montar esta man con uñas xigantes para xogar. 



Con esta actividade, repasamos o círculo, as cores, dentro, fora... sen esquecernos da coordinación óculo-manual e a capacidade de atención, entre outras cousas. 
Espero que ademais, intentedes vestirvos sen axuda, calzarvos, ducharvos... e que participedes nas tarefas da casa, facendo a cama, axudando a facer o xantar... como boto de menos os almorzos que me facíades ao chegar ao cole...espero que sigades facendo o mesmo na casa!!
Quérovos moito

5º Educación Infantil
Veña, sigamos xogando todos e todas coas uñas e as cores!

Lectoescritura: Uñas silábicas
¿que vos parece si nos lemos as uñas? pois para facer estas uñas silábicas só necesitades papel, lapis, fixo e pinturas. Premede na imaxe e vos explico como o imos facer.
https://drive.google.com/open?id=1WzyprH5yj-6Ei1R8egfDXuFDOgM-P3s_


Lóxica matemática: Puzzle uñas.
Imos facer un puzzle! Premendo na imaxe podemos facer o puzzle da portada deste magnífico libro. Para facer mellor este puzzle empezade primeiro polas esquinas e despois ide agrupando os colores que son iguais. A ver que rápido o facedes!

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=0e51b41b0932

Actividade plástica: disco de Newton.
Seguimos usando as cores que lle gustan tanto a Juan para, esta vez facer este disco de Newton. Para facelo necesitamos:
Un folio, un cd vello ou un cartón redondo, pegamento, tesoiras, un lápis e cores.
  • Debuxamos un círculo e o dividimos en seis partes máis ou menos iguais.
  • Pintamos cada parte de vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e lila. 
  • Recortamos o círculo. 
  • Debuxamos o círculo igual no cartón e o recortamos (ou o pegamos no CD). Pegamos o círculo de papel pintado.
  • Metemos o lápis no medio e facémolo xirar coma unha peonza.
Practicamos un pouco e vemos como van bailando as nosas cores.
Vémonos pronto!!! Xa queda unha semana menos!!!



6º Educación Infantil


Ola familias! espero que vos gustase moito o conto e que reflexionedes cos peques da casa desta mensaxe: as nenas e nenos teñen a libertade de elixir as actividades que prefiran, independentemente do seu xénero. Quen mellor que vós como familia para inculcar dende ben pequerrech@s ésta mensaxe que tanta falta nos fai... Recordade o fermoso que é xogar sen plantexamentos, sen ter que encaixar en ningún rol.

Anímovos agora a realizar as actividades propostas para ésta semana, ánimo!



 Lectoescritura: RULETA
Deberedes estar moi atent@s ás preguntas da ruleta.Están relacionadas co conto...antes de empezar podedes velo una vez máis para conseguír acertar o maior número de preguntas posibles. A xogaaaaaar!!! 
                                   RULETA PALABRAS









Lóxica matemática: MANS MATEMÁTICAS

Seguiremos practicando un pouquiño as sumas que tanto vos gustan. Necesitaremos uns guantes (aos cales lles podemos pintar as uñas como Juan) recheos de fariña ou arroz. Resultarán moi doadas e divertidas a realización de sumas aportándonos apoio para as operacións básicas.




Tamén podemos xogar con garbanzos (que podemos teñir con colorante alimentario ou con rotuladores) para chegar a abstracción matemática, cómo chegar a esa abstracción as súas cabezas? coa EXPERIMENTACIÓN; e de que mellor maneira que con cousas que temos pola casa, así que moito ensaio, moito erro e sen présas a contar e a xuntar!




 Actividade plástica: TRES EN RAIA

Nesta actividade vamos a elaborar un tres en raia para xogar en familia e de paso traballar a concentración e a  atención. Utilizaremos como base un taboleiro en rectángulo ou circular coa axuda dos peques. Despois buscarán seis tapas iguais ás cales pintarán con pintauñas como facía Juan (tres e tres de igual cor). Deixaremos desarrollar a creatividade e a creación d@s nen@s ... por exemplo:

        



A practicar o razoamento perceptivo divertíndonos moito!


Unha semana máis estades a facelo moi ben familia! sodes un gran exemplo a seguir nestes días tan difíciles para tod@s! por iso as mestras  que traballamos na etapa de Educación Infantil mandámosvos moito ánimo e o noso aplauso segue a ser para vós!


PARA UN DÍA GRIS NON OLVIDEDES  PARAUGAS DE CORES



28 abril de 2020  Mañá será outro día

Ao longo da vida sempre temos que ir superando retos e obstáculos que aparecen no noso camiño pero, todos eles, axúdannos a medrar como persoas. Por iso queremos acercarnos ao noso alumnado para transmitirlle, unha vez máis, que acadaremos o que nos propoñamos, aínda que o proceso non sexa doado. E que mellor maneira que a través dun conto (pincha no título) que se titula:




E xa que a rá é a protagonista deste conto, imos cantar, bailar, facer exercicio, realizar actividades plásticas, ler, escribir, contar, xogar,... coa nosa amiga a rá e o seu curmán o sapo. 

Comezamos cun pouco de música...

https://drive.google.com/open?id=1X-Qqjc0RabE6pp4K8mIaG9FXfUMhAl9l

e seguimos movendo o noso corpo saltando e xogando coa auga...

https://drive.google.com/open?id=1Wy2OzVh_CB6naCk9oytddw6XaKou2C8q

 tranquilizámonos só un pouquiño escoitando esta poesía...


https://drive.google.com/open?id=1Y1321_kNIzoLJUdKwH4MMrptmdZzsh-n


e rematamos con esta canción en inglés!
abride as orellas e movede o cu con esta fermosa canción.



https://www.youtube.com/watch?v=WSC-gHBU_d0

4º Educación Infantil 

Agora que xa escoitamos o conto e xa fixemos un pouco de exercicio, que vos parece se seguimos aprendendo cousiñas coa rá?

  • Lectoescritura: Canta a rá
Preme na imaxe e presta moita atención para recoñecer de forma auditiva a vogal e así poder relacionala coa rá que ten a vogal que acabas de escoitar. 


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5558604-canta_la_rana.html

  • Actividade plástica :        A rá
Para facer esta actividade, necesitamos:
- 1 vaso de iogur
- tesoiras
- pegamento
- pinturas
- 1 folio

Debemos debuxar a cara dunha rá e as súas patas para despois colorear e finalmente recortar ou picar (seguramente necesitedes un pouco de  axuda tanto para debuxala como para recortala). Por outra banda, debemos de pintar unha parte de folio ou papel de periódico (da cor que queirades) para despois facer cuadradiños de papel coas tesoiras ou rompendo, e finalizamos pegando os papeis  polo corpo da rá. Agora preme no título da imaxe e verás...
https://drive.google.com/open?id=1zE3j6utZZTDlV8YJAdM_a1slcftA2yYi

  • Lóxica-matemática:   Contamos coa rá
Para facer esta actividade, necesitamos:
- 1 pinza
- migas de pan ou plastilina
- papel
- lápis, rotulador...


Se xa o tedes todo, pinchade no título da imaxe e escoitade con atención para poder xogar!!!


https://drive.google.com/open?id=1NPTKfyleFEDPCD2NKxxpFCCgd5-QSzyH


5º Educación Infantil 

  • Lectoescritura: o Sapo
Aquí deixámosvos un curmán da rá, é o señor Sapo. Este é un familiar un tanto máis gordo e grande... Que vos parece se recoñecemos as letras do seu nome???, escoita atentamente!!! E se tamén pasamos o dedo polas grafías da S? Preme na imaxe e levarache a o xogo!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5559421-pronunciamos_las_letras.html

  •  Actividade plástica  Facemos un sapo papamoscas!
 Pinta o canutillo do papel hixiénico e pégao ou grápao na súa parte de abaixo, despois ponlle uns ollos, xa sexan uns olliños móbiles ou uns ollos feitos cuns redondeis brancos cun punto negro no medio. Podemos tamén pintar o interior da boca de cor vermello para facelo máis realista. Por último pega ou ata, no interior da boca, un cordel cun pompón, cunha mosca ou cun mosquito no final do fío e... a papar moscas!!!  A ver cantas atrapas!!




  • Lóxica-matemática: Debuxamos rás!
Veña! imos debuxar unhas rás. Pero non unhas rás calquera, as rás que nos digan os dados. Interpretaremos a táboa relacionando filas con columnas en función do número que nos saia. Necesitaremos papel, lápis e un dado. Se non temos dados utilizaremos papeliños cos números do un ao seis e, en vez de tirar o dado, tiraremos as boliñas de papel. 
Premede na imaxe e contámosvos con máis detalle como imos debuxar as nosas rás!
    https://drive.google.com/open?id=1YG7P4BalqpX7rjNf4sNibRbz60kpUFsi

    Preme aquí para ver mellor a imaxe.


6º Educación Infantil

   Ola familia, durante ésta semana traballaremos coa, animal protagonista da primavera e que tanto lles gusta os peques. Preparados, listos... xaaaa!


  • Lectoescritura

Aquí temos un xogo moi divertido no cal teredes que formar palabras que conteñen a consoante  R. Deberemos fixarnos antes das sílabas para facelo no menor tempo posible e sen moitos erros. Recordade que os debuxos van xuntos (RA - NENÚFAR). Sorte e a xogar!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5560614-ayudamos_a_la_rana.html
  • Actividade plástica
Xogo popular da rá: este xogo é moi divertido no cal traballamos a coordinación, concentración, lóxica e podemos facela en familia.
Para elaborala necesitades una caixa de zapatos e na tapa pintar una rá cunha boca grandota, despois de deixar que os peques fagan a súa obra de arte axudades o recortar a boca para poder lanzar noces, macarróns, monecos pequeniños, garavanzos... etc. Unha vez que xoguedes deberedes contar cantas pezas conseguistes que a rá papase. Animádesvos a creala?



                                                

  • Lóxica-matemática
Vamos a repasar as sumas coa axuda dos nenúfares e a rá. É moi doado de facer e así poderán repasar  de forma máis divertida sempre que queiran.
Para elaboralas precisamos: tesoiras, lápis, cores, pinzas e macarróns, fabas ou lentellas.
Una vez que teñades todo o material os peques farán os nenúfares recortando círculos grandes, coloreannos de cor verde e coa axuda dos maiores formularedes unha suma (como vedes nos exemplos); despois @s nen@s completarán coa comida ou pinzas. Coafaremos un círculo grande e dous pequenos para os ollos, pintamos una boca grande (que será donde coloquemos o resultado) e as sumas farémolas co lápis para poder borrar e proponer novas operacións. ÁNIMO!

Despois destas actividades non olvidedes en seguir coas rutinas: axudar a facer as camas, poñer o lavalouzas, encartar a súa roupa, recoller o cuarto, poñer a mesa... etc. Tampouco vos olvidedes das palabras máxicas de cada día:  ti podes! eu sei que es capaz! quérote! confío en ti! que ben o estás facendo! ánimo! eres xenial!...


A motivación é o alimento do cerebro e do corazón.



Dende ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE, a profe Vane bota de menos ensinarvos a botar a lingua, movela e xogar, por iso propónvos un xogo para practicar a "R" de RÁ.
RECORDADE QUE PODEDES IMPRIMILA OU FACELA NUN FOLIO, E REALIZANDO OS DEBUXOS E NOMES.



O XOGO DA OCA-RÁ


O xogo da rá é moi similar ao xogo da Oca. Pero neste caso, a protagonista é unha rá, e como todos os obxectos e animais que aparecen no xogo, inclúen unha 'R', ben ao principio ou no medio da palabra.




1. Que necesito para xogar ao xogo da rá?
Só necesitas un dado e de fichas elaboraremos unha rá con papiroflexia que podedes ver neste enlace (RÁ PAPIROFLEXIA), unha por cada xogador que participe, podedes decorala cómo máis vos guste.


2. Como se xoga? 


Do mesmo xeito que no xogo da oca, os participantes lanzan unha vez o dado, para determinar quen comeza a partida. Será aquel que saque a maior puntuación, e seguirá o xogo na orde das agullas do reloxo. Gaña quen chegue antes á última casilla.



3. Para que serven as palabras escritas?


Cada vez que un dos xogadores caia en calquera casilla, debe pronunciar dúas veces a palabra do obxecto ou animal que aparece nela. Si o neno sabe ler, bastará con que a lea. Si non, pode identificar fácilmente a palabra co debuxo, preguntando que é?



4. Instrucións do xogo:


Existen certas casillas que farán o xogo máis entretido. Ten en conta todas estas indicacións...
  • O xogador que cae na casilla 5, a de 'roubar' (o neno tamén pode dicir 'ladrón'), irá ao cárcere, que se atopa na casilla 11, co nome de 'reixas', e permanecerá alí unha xogada sen tirar.
  • O xogador que cae na casilla 6, a de 'a raíña', poderá trasladarse ata a casilla 12, a da 'torre'.
  • O xogador que cae na casilla 7, a do 'río', deberá comezar a partida desde a casilla 0.
  • O xogador que cae na casilla 10, a de 'roncar', deberá permanecer dúas xogadas sen tirar.
  • O xogador que cae na casilla 14, a da 'roda', baixará pola escaleira ata a casilla da rana, e gañaría.
  • O xogador que caia na casilla 18, a da 'tortuga', terá que retroceder ata a casilla 3, a de 'rir'.


5. Cal é o obxectivo do xogo da Rá para nenos?


O obxectivo deste xogo é incentivar ao neno a pronunciar todas aquelas palabras que lle custan máis, as que posúen o fonema /r/ con son forte, tanto ao comezo da palabra como no interior das mesmas.
Esta dislalia leve é común en nenos menores de 5 anos, polo que a práctica e o xogo pode liquidar sen problemas esta dificultade.


Esperemos que pasedes unha boa semana, na compaña da nosa amiga a rá. Estade atentos, a ver quen nos visitará a semana que ven.

                                                      Unha aperta !!



21 abril de 2020

Ola familias!

Esperamos que esteades moi ben, temos moitas ganas de vervos pero aínda temos que esperar un pouquiño. Seguide como o estades a facer, que sodes as auténticas estrelas de esta situación.

Tendo en conta as orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 publicadas por la Consellería de Educación (á espera da publicación da normativa estatal correspondente), a continuación recóllese unha compilación de propostas lúdicas para que os nenos e nenas as realicen durante estes días sen actividade lectiva presencial (semana do 20 ao 24 de abril). Cada unha das actividades que se propoñen poden adaptarse ás capacidades, destrezas, habilidades e intereses de cada neno e nena.


Queremos facer moito fincapé nas rutinas que vos suxerimos o primeiro día, xa que consideramos que as actividades da vida diaria son fundamentais para o desenvolvemento dos vosos fillos e fillas. 

Doutra banda, posto que este xoves é o día do libro e tamén o día de San Jorge, queremos acercarvos un pouquiño a esta máxica lenda de dragóns, reis, princesas, cabaleiros e rosas vermellas que ven de moitos anos atrás.

 Antes de nada déixamosvos a lenda tradicional para que vexades de que estamos a falar, pinchade nas imaxes e accederedes ao video. 


https://drive.google.com/open?id=1JlO8_joxht56fHZVNRJIvSv0kn68bKbP



Despois da lenda tracional podemos ver como non sempre os dragóns son tan malos... 


https://drive.google.com/open?id=1S-5NfsVksmUjJgnLftIrmMbifq87POWS



e tampouco as princesas son sempre tan rosas.



https://drive.google.com/open?id=1QQs_cIAXWuWGeoZZLp4sgIof3i6Gvgn_


¿Facemos unhas manualidades?





Dragóns con rollos de papel hixiénico, pinzas ou caixas...



 Princesas e cabaleiros, con caixas de ovos ou con vaso de papel e culler de pau.



Experimentos coa refracción da auga. Poñemos un debuxo dun cabaleiro ou dunha princesa detrás dun vaso e, o poñerlle auga dentro, vemos como cambian!


Ou rosas vermellas con espirales de cartolina ou folios, estampando mans, pés ou froitas ou verduras.




E por que non contamos uns cantos dragóns? Cantos dragóns estamos a ver? Escribe o número no cadrado ao lado de cada dragón. (preme na imaxe para descargar)

PARA TRES ANOS                           PARA CATRO ANOS

https://drive.google.com/open?id=1W_I3UBfT0kYw-2HLjlTtr3DJYYzyc4nR

PARA CINCO ANOS

https://drive.google.com/open?id=1nA8SORSxhBcmOc0wC2HKBsogpTG2SuUq


E aquí vos deixamos unha sorpresa para todas e todos..., se pinchades na imaxe da biblioteca da aula do mar, teredes un reto...esperemos que vos guste e que poidades adiviñar cales son eses contos. Se vos apetece podedes enviarnos algún video para que poidamos adiviñar máis contos, entre todos.



https://drive.google.com/open?id=15VKYqucoOKUTFiYg_-1bu3aU7QKDNuP8


Para ver máis contos contados polas profesoras do cole só tedes que premer na imaxe e acceder á casa de Tico. Unha vez que pinchades no conto tedes que darlle a frecha de descargar. A continuación pulsades nos tres puntiños que tedes arriba á dereita e elixides a aplicación pola que queredes ver o vídeo. Agora xa podedes desfrutar dos contos!

http://acasadetico.blogspot.com/


E con isto  deixámosvos outra semana máis. Recordade que estamos interesadas en ver o que estades a facer, para poder levar un seguimento, podédesnos facer chegar as vosas tarefas a través do tokapp ou do correo do colexio.

Unha aperta moi forte! 

15 de abril de 2020

Novas actividades para o alumnado de Educación Infantil

Ola familias! 
Xa estamos de volta con novas propostas para os máis peques. Recordade que son suxerencias, que as podedes facer ou non e que non queremos saturarvos.
Para empezar suxerímosvos un memory coas fotos das profes caricaturizadas de polos, ao que podedes acceder premendo na imaxe.


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5428764-memory_pascua.html

E despois, se votades de menos os xoguetes das vosas aulas, podedes xogar cos seguintes memorys que vos deixamos.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5440124-juguetes_del_cole.html
Se vos resultan moi difíciles, avisádenos  para poder modificalas e que así sexan máis sinxelas.
Se queredes facer outro tipo de tarefas, aquí abaixo deixámosvos un caderno con moitas actividades que podedes descargar, imprimir, calcar ou o que queirades!
https://drive.google.com/open?id=1LeVmShVLJHimOP3XfwYtsA_zTa8PXsm7
 E neste link que vos deixamos abaixo teredes varias presentacións con propostas máis sinxelas de emparellamentos de animais, formas e froitas.

https://drive.google.com/open?id=1Afvn2WlI3iPb_Q15MsuhMmAeU5uRhP5p


Esperamos que vos gusten! e vémonos pronto! Xa queda un día menos!


06 de abril de 2020 

As mestras de Infantil segímosvos mandando moita forza... sabemos todo o esforzo que estades a facer por iso un forte aplausoooooo! Para que sexan  uns días un pouco máis  divertidos e entretidos cos vosos peques deixamos algún exemplo. Son  moi fáciles de elaborar e de seguro que lles gustarán moito.





Pero, antes de nada, comezamos cun conto moi especial contado con moito cariño para todos vos!!!

https://drive.google.com/open?id=1fSZfeZmU2mmuEV3yYlxLlGQRhnd29YAA



PRANTAMOS UNHA SEMENTE? Coas cascas dun ovo podemos decoralas e despois utilizalo coma maceteiro.


CREAMOS OS NOSOS POLIÑOS E COELLOS DE PASCUA









DECORAMOS OVOS. Pintamos ovos con pompóns, corchos, canicas, pinturas, e  os decoramos con diferentes abalorios, pastas, goments, plumas... tamén podemos picalos ou recortalos para decorar as nosas fiestras.


Tamén podemos cocer os ovos, decoralos e xogar con eles con números e con formas.



Que vos parece traballar coa lá?



E non nos esquezamos dos números...



PARA XOGAR COS DADOS




E como facemos os dados?... clica na imaxe e verás que boa explicación!

https://drive.google.com/open?id=1JHyfMAMun6HPOQtI2iX5ZaILPq4pWpnB


RECEITA





XOGAMOS CO ARROZ, so necesitamos arroz, lentellas, fabas, garbanzos... e as cascas de ovos para xogar a facer trasvases. Tamén podedes decoralos e clasificar cores, alturas...






FACEMOS UN PUZZLE, colocando as pezas no seu lugar, podemos facelo máis fácil ou máis sinxelo según cortemos as pezas.


COELLO/POLO - PINZA. Cunha pinza da roupa faredes un gran clip para todos eses debuxos que estades a facer ou tamén decorar os maceteiros.







POLIÑO COA MAN, podemos facelo tanto con pintura ou marcando a nosa man nunha cartolina... ou o que se vos ocurra!







 MIX DE PASCUA, estampamos mans, pes, facemos formas con patacas, corchos e o que vos apetezca!



SE QUEREDES COLOREAR deixámosvos estes debuxos que podedes descargar clicando na imaxe.

https://drive.google.com/open?id=10XWfIEmaC6nG35B8OaioD5WI33DDw1M5

Desexámosvos unhas FELICES PASCUAS!!!







ANIMÁDESVOS A MANDAR ALGUNHA ACTIVIDADE ?

Cantas máis pedras atopemos no noso camiño máis grande construiremos o noso castelo. ÁNIMO FAMILIAS!
 30 de marzo de 2020

En ningún momento pretendemos saturar ás familias nin aos máis peques, pero si vos apetece e necesitades ideas para seguir pasando estes días, dende o equipo de mestras de Educación Infantil, seguimos pensando e buscando actividades, para axudarvos nesta gran labor que estades a facer. Recordade que non son obrigatorias, simplemente son suxerencias, pois entendemos e respectamos as diversas situacións que pode estar a vivir cada familia. Ao final tedes tamén actividades na mesma liña para a atención á diversidade.

 Polo tanto, se vos apetece, con estas propostas estaredes a traballar: 

  • Lectoescritura:

 








Tamén podedes xogar a buscar vogáis e distintas consoantes no libro de lectura, panfletos, xornais,... de seguro que vos sorprenderedes de todo o que saben os nosos heroes.


A sopa de letras, podemos facela así, podemos escribir cada palabra dunha cor para facilitar a búsqueda, podemos recortar palabras e pegalas encima de cada unha que vaiamos atopando...hai múltiples opcións, incluso podemos debuxar os animais atopados se nos animamos. 




  • Lóxica-matemática: 
    •  Traballando as formas:
      •   Busca distintas formas, círculos, cadrados, rectángulos, triángulos...



      •  Crea novas composicións con elas,


      • Clasifica por tamaño e por cantidade,







 



    • Seriamos e ordeamos,






    • Xogamos coa simetría
 









    • Agrupamos por cores.










    • Construccións, tres en raia, quebracabezas e latas.

 





    • Xogos con cartas, clasificar por cores, formas e números.



    • Xogamos coa regleta numérica con tapóns ou materiais reciclados.


    • Buscamos números

    •  Discriminamos por dirección e seriamos.
 

    • Contamos obxectos que temos na casa e facemos un rexistro.


    • Numeramos con vasos

    • O polvo que relaciona cantidades.


    • Sumas


    • Restas
  • Estimulación da linguaxe:


    • Sopramos un pouquiño?
  • Motricidades grosa e fina: 



 





 

  • Xogamos coas emocións,

 













  • Música
Deixámosvos unha proposta moi chula da profe de música para facer na casa, seguro que os divertides moito facéndoa!  

https://drive.google.com/open?id=1GvX5s8EQ83Wi4uGYwHOU-bsnQStN5skZ

  •  Atención á diversidade


    •  Xogamos con texturas e cores



Deixámosvos Aquí recetas divertidas para xogar con diferentes masas.

    • Motricidade fina e grosa




 












    • Coloca cada forma no seu lugar.


    • Agrupamos por cores,
 
 










E non nos podemos esquecer que estamos en primavera así que, que tal se facemos unhas bonitas flores? Podemos facelas con materiais de refugallo ou tamén con froitas... mmmmm!

 






  • Experimentamos un pouco?

De seguro que tamén vos animades a experimentar un pouquiño cos vosos peques, ¡será moi divertido! Aquí vos deixamos algún exemplo: un volcán con limón, ¿que pasa se conxelamos auga? ¿e se frotamos un globo a un pano de lá ou prenda da roupa?











  • Un pouco de arte para representar o noso esquema corporal.






Non vos esquezades de mirar o blog da biblioteca! xa que todos os días haberá un conto narrado polo profesorado do cole. Vai feito con moito cariño para entreter un pouquiño do voso día a día. Esperamos que todo finalice rápido e podamos estar de novo xuntos. Mandamos moitííííííísimo ánimo e forza! xuntos vámolo a superar familias!




Durante o transcurso das nosas vidas atoparemos tormentas, pero tarde ou cedo, o Sol ,relumbrará máis que nunca.

E como sodes unhas auténticas campeonas e uns auténticos campeóns deixámosvos uns diploma por facelo tan ben estes días! Facede click para descargar!




 23 de marzo de 2020

Ante a demanda de máis actividades para as vosas e os vosos peques, para acadar este reto de quedar na casa, aquí vos deixamos máis suxerencias, sacadas de diferentes páxinas de internet  aproveitando material de refugallo que poidamos ter pola casa.

É necesario aclarar que son suxerencias, por tanto podedes facelas así, pódense modificar e tamén pode ser que non haxa o material nas casas, e como o importante é estar na casa, se opte por non facela. Ademais, tamén queremos dicirvos que non son para facer todas un día, dende o equipo de mestras de Educación Infantil, propoñevos sinxelas e diferentes actividades porque cada nena e neno ten os seus gustos e xa que o están a facer moi ben, nas súas casiñas, que vaian escollendo cales queren e poden facer.


Esperemos que vos poidan axudar un pouquiño, para seguir facendo así de ben.
  • Para seguir traballando o noso nome, aquí podedes ver algunha actividade sinxela :













  • Para traballar a lóxica-matemática ao mesmo tempo que xogamos:














  • Para traballar a motricidade fina, dunha forma lúdica:











  • Para facer algo de exercicio:



                     

  • Para seguir traballar dunha forma lúdica o control, dirección, cantidade e intensidade do sopro: 



















  • Para coller algo de ritmo, coa música:  





  • Para identificar as nosas emocións que están a sentir:

 


 


 


 




  • Para escoitar contos narrados dun xeito máxico, podedes seguir as seguintes contas de instagram:
                     @vadecuentos
                     @aprenderconellos
                     @bichitoslectores
                     @yalavueltalaluna


Sabemos que estes días están a ser dificiles, pero pensade o ben que o estamos a facer quedando nas nosas casas. As nenas e os nenos aprenden a través da imitación na maioría das ocasións, vivir esta situación axuda a trasladar valores moi importantes que os fan crecer como persoas, para poder chegar a crear ese mundo que todas e todos desexamos, onde o respecto e o saber estar e actuar en cada momento e da forma axeitada, sexa un dos piares desta sociedade.

Veña, peques...pronto navegaremos todas e todos outra vez, mentras tanto podemos escoitar a 
Piratas de Pablo Díaz...porque eu quedo na casa!!!

Recordade que estamos á vosa disposición a través do correo electrónico cpr.cid@edu.xunta.es, do número do teléfono 981255244 (onde poderedes contactar co equipo directivo e éste transmitirállelo ás titoras) e a través de Tokapp onde poderedes contactar directamente coas titoras. 



17 de marzo de 2020


As mestras de Educación Infantil do CPR Cid queremos dicirvos, ante esta situación que estamos a vivir, que o máis importante é facer que o noso alumnado sexa responsable. Ao longo da etapa escolar facemos moito fincapé na educación emocional e en moitos valores como a empatía, a responsabilidade, a solidariedade, o respecto… e agora é un dos momentos que temos que poñelos en práctica. Por iso pedimos, que todo o alumando permaneza nas súas casas, seguindo as indicacións que estamos a recibir.
Dende o Equipo de Infantil queremos normalizar o máximo posible esta situación que estamos a vivir e para elo vos recomendamos unha serie de actividades e pautas que podedes levar a cabo no día a día cas vosas pequenas e cos vosos pequenos:

Como ben sabedes nestas idades, as rutinas son moi importantes, e é por iso que nestes días que temos que estar na casa, queremos que sigan presentes, por iso vos  recomendamos:
  • Establecer un horario para levantarnos .
  •  Preparar o almorzo, podemos aproveitar a que participen na súa elaboración. Seguramente que lles fai moita ilusión, e traballaremos conceptos lóxico-matemáticos, máis –menos, enteiro-metade, cantidades, cheo-baleiro, cores, texturas…
  • Aseo, aproveitando para seguir traballando así o esquema corporal e os hábitos de hixiene.
  • Vestirse, é moi importante que o fagan eles mesmos, para así traballar a súa autonomía persoal. Xogar cos calcetíns: buscar iguais, colgalos con pinzas.
  •  Agora, podemos establecer un tempo para:
o        Situalos no tempo vendo o día que é, o tempo que fai...
o        Fomentar momentos de conversa para estimular a súa linguaxe
o        Facer quebracabezas, e xogar con xogos de mesa como a oca, dominó…
o        Facer construcións coas cales podemos xogar libremente ou facer unha construción e que eles intenten facela igual, interaccionar a ver cal é máis alta, cal é mas baixa, facer series coas pezas (azul, amarelo, azul, amarelo…)
o        Desfrutar da lectura dun conto, deixando que eles sexan partícipes (escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lle gustou...)
o        Buscar letras en revistas, contos, carteis, etiquetas de roupa
o        Contar obxectos habituais (froitas, xoguetes, camisetas...), ver números en etiquetas, números de teléfono, datas de caducidade... e traballar sinxelas sumas con pezas, animais, pinturas...
o        Recortar con tesoiras elementos que aparezan nas revistas, facer collage, xogar coa plastilina, colorear con diferentes materiais, debuxo libre, rasgar papeis, facer boliñas de papel, facer algunha manualidade sinxela...
o        Plantar unha lentella, unha faba, un garbanzo para ir vendo como crece estes días, comparalas para ver cal crece máis rápido, regalas e coidar delas. Incluso se pode fotografiar ou debuxar como está cada día para deixar plasmado sobre o papel a evolución, aproveitando así para poner a data os mais maiores.
o        Facer algunha actividade online como:
Neste enlace , podedes atopar diferentes libros interactivos, con diferentes temáticas moi interesantes: https://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=infantil
Neste enlace podedes descargar esta aplicación para xogar coas letras: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.binibambini.abc&hl=es
Neste enlace podedes atopar diferentes actividades de lóxica-matemática :  http://www.ciudad17.com/

  • Realizar actividades que impliquen movemento, dentro da medida do posible, e por suposto dentro da casa, como :
o      xogar aos bolos, dándolle un segundo uso ás botellas de plástico, aproveitando tamén para contabilizar cantas botellas caeron e ata podemos escribir o número;
o      xogar aobaloncesto“ meter unha pelota dentro dun recipiente
o      bailar facendo coreografías, se temos un espello sería estupendo facelo diante del
o      “tocar instrumentos “ deixando que seleccionen materiais que teñan pola casa que fagan diferente son cando se tocan
o       karaoke
  • No momento de realizar o xantar, eles mesmos poden colaborar igual que no momento do almorzo. Poden contabilizar cantos son na casa, poñer tantos servicios como persoas vaian a comer, e que necesitamos para o menú dese día. Sería estupendo que puideran participar na elaboración e ademais segundo o nivel, se queren, poden elaborar un libro de receitas, co menú de cada día así aproveitan a traballar a lecto-escritura e a lóxica-matemática. Á hora de recoller, tamén poden colaborar, sería moi bo non andar con presas, aproveitando que non se pode saír da casa, pois as nenas e os nenos soen estar sometidos a un estrés innecesario , polo ritmo de vida do adulto.
  • Seguramente, despois de comer algúns queren ver un pouco a televisión, recomendámosvos, que negociedes un tempo, e dicirvos tamén que Clan lanzou Educlan, unha ferramenta educativa especialmente durante o peche dos centros educativos que igual podería ser interesante, pois está coordinada xunto ao Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda de editoriais educativas.
  • Pola tarde, incluso podedes seguir realizando actividades que impliquen movemento, pois nestas idades necesitan moito movemento.
  • Elaboración da merenda, seguindo uns hábitos alimenticios saudables. Eles mesmos poden elaborar a súa merenda igual que co xantar, para seguir traballando os conceptos citados anteriormente.
  • Resumen do día, podemos debuxar/escribir que foi o que máis nos gustou do día e así ir facendo un álbum durante estes 14 días, que temos que estar na casa. Tamén sería moi interesante facerlles preguntas do que fixestes no día, para traballar a expresión e ao mesmo tempo a memoria.
  • Aseo, igual que pola mañá, seguimos traballando o esquema corporal e os hábitos de hixiene.
  • Cea (igual que co xantar) eles mesmos poden colaborar igual que no momento do xantar e do almorzo. Poden contabilizar cantos son na casa, poñer tantos servizos como persoas vaian a comer, e que necesitamos para o menú dese día.
  • Lectura dun conto para volver á tranquilidade.
  • A durmir!!
En 6º de Educación Infantil seguiredes lendo cada día un pouquiño para non esquecer o aprendido, faremos un debuxo dunha vaca nun folio din A4 para facer un gran mural ao reencontrarnos de novo.

Desexamos que isto se resolva o antes posible e que as medidas adoptadas sexan as máis acertadas e poder así, regresar ás aulas con total normalidade. Recordade que o principal e o máis importante é seguir as indicacións que dende os diferentes medios de comunicación, nos transmiten continuamente.

Estamos á vosa disposición para calquera consulta, dúbida, consello…que poidades necesitar a través do teléfono do colexio ou do correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario