Educación Física
Niños y niñas de 2º! El cole ya ha acabado, pero para despedirnos en Educación Física, aquí os dejo el vídeo sobre los retos que habéis hecho junto con el resto de compañeros/as del cole. Enhorabuena por todo lo que habéis hecho desde casa durante todo este tiempo, espero que lo hayáis pasado genial! Aquí os dejo el vídeo.
FELIZ VERANO!


INGLÉS
Última semana de cole! Trabajasteis muchísimo estos meses y sois unos verdaderos campeones y campeonas. Ahora toca descansar, ir a la playa y disfrutar de las vacaciones, así que aquí teneis una canción del verano:

Os dejo otra canción, en la que os digo “Good bye”, pero por poco tiempo, porque nos vemos de nuevo en septiembre para seguir aprendiendo muchísimas cosas en inglés.
Y un último mensaje:

Familias, quiero valorar y agradecer el trabajo que hicisteis con vuestros hijos/as desde casa en estos meses tan duros. Gracias por vuestra comprensión y colaboración. Nos vemos en septiembre con mucha ilusión y energía. Cruz

Educación Física do 8 ao 15 de xuño
Que tal estamos familias de 2º? Espero que moi ben! Esta semana imos facer algo mooi divertido! Imos formar parte do circo! Como o faredes? Convertíndoos en magos e magas.
Durante esta semana, ides practicar uns trucos que podedes ver nos videos de abaixo. Estou seguro que con práctica, conseguiredes facer algúns e sorprenderedes a familia e amigos!


Aquí tedes tres trucos sinxelos:
“O lapis que flota”, “A monea que se transporta” e “A auga máxica”.


E aqui outro vídeo con máis trucos dunha pequena maga:
VÍDEO Unha pequena maga!


Reto da semana:
Elixe un dos trucos que hai nos vídeos e mándameo ao correo electrónico diciendo se o podo utilizar para o blog do colexio.
Correo: edu.fisica.alfonso@gmail.com 

 
Valores do 10 ao 20 de xuño

                                 

Unha colorida vaca o que máis desexa neste mundo é ter a amistade dos outros animais en especial dun pequeno ratiño… ¿Conseguirao? Mellor se o vedes, aínda que xa vos aviso que o caos que desata é importante.
Imos facer o animal que máis nos guste ou facer o móbil completo. Ánimo.

Inglés do 8 ao 12 de xuño
Esta semana imos repasar, que xa queda moi pouco para as vacacións!!!
Watch, listen and sing!
Lembrade números, cores e partes do corpo con estas cancións:
Numbers https://www.youtube.com/watch?v=_MVzXKfr6e8
Colors https://www.youtube.com/watch?v=zxIpA5nF_LY
Body https://www.youtube.com/watch?v=h4eueDYPTIg
Tamén imos aprender os días da semana.
Days of the week https://www.youtube.com/watch?v=36n93jvjkDs
Play and learn!
E agora podedes practicar con estes xogos:
https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/bingo
https://arbolabc.com/colores-en-ingles/bingo
https://www.cerebriti.com/juegos-de-idiomas/las-partes-del-cuerpo-interactivo---body-parts-interactive- 
https://www.cerebriti.com/juegos-de-idiomas/ordena-los-dias-de-la-semana-en-ingles

Relixión do 8 ao 12 de xuño

Esta semana miramos estos vídeos:

Sociais do 8 ao 12 de xuño

Hola nen@as, esta semana imos a coñecer como vivian os homes e mulleres  primitivos.

Aprenderon  a facer o lume.
 



Aprenderon a facer utensilios:
Coitelos con lascas e machetas con bifaces.


Imos  pintar coma os paleolíticos:



Sodes quen de facer unha man ou un debuxo coma se fósedes paleolíticos.

      Un bico vémonos na próxima videochamada.




Lingua galega do 8 ao 12 de xuño

A semana pasada falamos do que queriades ser de maiores, no futuro. Pois esta semana na videoconferencia imos falar de cómo erades no pasado. Quero que fagades un debuxo e vos describades no pasado cando erades bebés ou pequenos con tres frases. Exemplo : Eu de pequena tiña o pelo liso. Mandádeme foto desta actividade por favor.




Música do 8 ao 12 de xuño


Esta semana en Música vamos a repasar el tempo musical, la velocidad de la música. ¿Os acordáis de lo que era el pulso? Nos lo buscábamos en la muñeca, cada uno de nosotros tenía un pulso diferente, pero todos eran constantes. ¿Qué quería decir esto? Que siempre era igual: rápido si estábamos corriendo, normal si estábamos sentados atendiendo y lento cuando descansamos o estamos durmiendo...

Pues el juego de hoy va de velocidad y de pulso. Con el audio que os adjunto vamos a mover todo el cuerpo siguiendo el pulso, la velocidad de la música. Si la música va lenta nuestros brazos, nuestras piernas, nuestra cabeza se moverá despacio, con movimientos lentos. Si la música va más rápida, moveremos todo el cuerpo más rápido. Y si viene alguien y nos apaga la música, ¡pues no podremos movernos!
¡A escuchar y a moverse!




Inglés do 1 ao 5 de xuño
Esta semana imos aprender sobre os medios de transporte.
Aquí tedes dúas cancións:

E para practicar, podedes practicar os xogos que queirades:






Plástica do 1 ao 5 de xuño
Tedes que construir ou facer o medio de transporte que vós elixades. Podedes usar plastilina, lego, cartulina, botellas, ... Aquí tedes ideas, pero podedes facer o que vós queirades usando a vosa imaxinación.




Lingua galega e Música do 1 ao 5 de xuño.
Esta semana viaxamos ao espacio.
10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, 0. Despegamos!!!


Recordade que o que vemos nesta imaxe en galego chámase foguete.
E quen traballa no espacio? Pois os astronautas. Aquí vos deixo un video para que coñezades un pouquiño máis o seu traballo.

https://www.youtube.com/watch?v=UHuGDunAAwA


E ti que queres ser de maior?

Copia e completa esta frase no teu caderno ou folio e debúxate de maior, no futuro: Eu de maior quero ser ..........
Mandademe foto do debuxo e da frase.

Agora  imos recordar os días da semana en Galego.


Deixovos esta ficha interactiva para facer cos días da semana. Quero que me mandedes unha foto facendo esta ficha no móvil, tablet ou ordenador.


Agora tócanos os meses. Xa os sabemos en castelán pero esta semana tócanos aprendelos en Galego e que mellor forma que facelo que cunha canción.


E aquí vos deixo a letra.


O 5 de xuño é o día do Medio Ambiente. Ben sabedes que temos que coidar o noso planeta e non contaminalo reciclando, reutilizando materiais e reducindo o que consumimos.
Pois unha maneira de reutilizar materiais que temos na casa é facendo instrumentos musicais. Mirade este video que vos deixa a profe de Música.


Educación Física do 1 ao 5 de xuño
Que tal familias de 2º? O primeiro, aquí tedes as respostas ao Pasapalabra da semana pasada, espero que os gustase facelo:
A: Alfonso B: Botana C: Cris D: Deportistas E: Elefante F: Felicidad G: Ganar H: Herida I: Imitar J: Jugar K: Hockey L: Libro M: Marta N: Noelia O: Ocho P: Pensar Q: Queso R: Reir S: Susana T: Tenis U: Unidades V: Vanessa W: Wifi X: Xuño Y: Ayer Z: Zapatos

Esta semana imos aprender sobre a expresión corporal. Que é iso da expresión corporal? Pois é una forma de representar a través do corpo e do movemento, diferentes sensacións e sentimentos.


E como podemos facer para representar? Pois o facemos a través da mímica, a imitación e o baile. Por iso, vouvos propoñer uns xogos para facer e traballar a expresión coportal.
1. Adiviña a profesión. Elixe unha profesión (profesor/a, bailarín/a, bombeiro/a, policía, enfermeiro/a, carpinteiro/a…) e represéntaa aos teus pais. Utiliza xestos e sons, non podes falar.
2. Elixe unha profesión e envíame un vídeo ao correo representándoa, enviareche a resposta a ver se a adiviño.Aquí vos deixo un baile sobre unha canción con baile, para que practiquedes e vos divirtades, seguro que algúns xa a coñecíades.
VÍDEO: Canción 1
3. Outra canción para que o ritmo non pare. Aquí tedes a “El pollito pío”, unha divertida canción con baile, que traballa, ademais da expresión corporal, a memoria. Es capaz de aprenderte o baile?

Reto da semana.
Envíame parte do baile de “El pollito pío”. Envía a parte que imita a todos os anmais seguidos, dende o toro ata o poliño. Pode ser o mesmo baile do vídeo ou podes crear o teu propio baile, anímate! Recorda poñer se podo usar o vídeo para o blog do colexio.


Naturais e Sociais do 1 ao 5 de xuño

Hola nen@as, esta semana imos de viaxe  a Norteamérica.


O búfalo vive en América do  Norte en  Norteamérica 

https://www.youtube.com/watch?v=aqDBPIZ18K8

O oso  Grizzly vive en Alaska, mira onde queda Alaska, mira onde está o oso no mapa.


                    GIF animado (10362) Oso pardo pescando 

O OSO GRIZZLY

ENLACE PARA RIRSE UN POUCO

 
ENLACE DE ANIMAIS DE NORTEAMERICA

ENLACE DE CIDADES DE ESTADOS UNIDOS

Sodes quen de facer un CONTO cun destes animais, tedes que poñer onde ocorre a aventura.

      Un bico vémonos na próxima videochamada.

 

Inglés do 25 ao 29 de maio

Esta semana imos repasar vocabulario dos xoguetes. Toys!

Watch, listen and enjoy!
Aquí tedes unha canción
E a historia do cumpreanos de Billy. Recordádela?
Sabedes dicir o nome de cada xoguete da historia?
Play and learn!
Primeiro aprendedes o vocabulario facendo clic en cada imaxe deste xogo-diccionario.
E agora practicades con estes xogos:
Esta semana non vos mando ficha. Podédesme enviar unha foto practicando os xogos. Moito ánimo, que xa queda pouco para rematar o curso e disfrutar das vacacións!

Plástica do 25 ao 29 de maio
Debúxate a ti mesmo/a co teu xoguete preferido. Podedes escribir "my favourite toy is ... (nome do xoguete en inglés).

Naturais do 25 ao 29 de maio

Hola nen@as, está semana imos coñecer aos animais que todos consideramos raros, a maior parte son de Nova Zenlanda e Australia. 

Ave Lira

 

Equidna

 

Ornitorrinco


Canguro


Sodes quen de facer:
un canguro ou un ornitorrrinco da maneira que máis vos guste e co material que queirades.Unha boa idea é reciclando das cousas que hai na casa.

Exemplo:

 

     
      Un bico vémonos na próxima videochamada.


Lingua e Música do 25 ao 29 de maio

Esta semana viaxamos a Asia.



Como vos dixen na videochamada, aínda que non é unha canción en galego, vos deixo este rap dos continentes porque seguro que vos gusta moito.

https://www.youtube.com/watch?v=qKAwpoU_C6M(pinchade neste enlace para escoitalo)


 Neste continente temos países tan coñecidos como China en amarelo ou India en verde. 



Pois na India, está ambientada a película de Aladdin. Pinchade neste enlace para ver unha danza e os traxes típicos deste país.




O mércores a profe de música ensinarávos cómo soan os instrumentos deste tipo de danzas e cancións. Pinchade no enlace para coñecer algúns dos instrumentos orientais.

https://www.youtube.com/watch?v=sZrcL4U5kNk

Atendede ben ao nome das personaxes da película de Aladdin porque tedes que escribir frases con algún deles usando os seus nomes propios. 





Elexide 3 deles e escribide unha frase para describir a cada un co seu nome propio. Recordade as maiúsculas e mandade foto. Exemplo: Abú ten un chaleco vermello.

Ahora podedes elexir algún animal típico da India coma  o tigre, o elefante, o crocodilo ou algún outro animal que vos guste e viva en Asia e escribide tres frases para describilo. Mándame foto desta actividade.

E aquí vos deixo tamén unha canción sobre os animais que vos encanta: Dime que fixeches do grupo Migallas.


Esta semana leereivos algún destes contos que sei que vos gustan moito:




L

Vémonos na videochamada.





Educación Física do 25 ao 29 de maio

Hola familias de 2º!! Esta semana es una semana especial, será la semana de "Pasapalabra"! Por si no conoces el juego, consiste en adivinar las palabras escondidas que hay detrás de cada letra del abecedario. Aquí debajo tenéis todas las letras que forman el rosco que tenéis que completar. Hay palabras relacionadas con el colegio, las clases, las profes... ¿Serás capaz de resolver todas las letras de este divertido juego?
Vete anotando todas las palabras y mándame las respuestas a mi correo: edu.fisica.alfonso@gmail.com
La próxima semana pondré las respuestas para que las podáis comprobar.

Reto de la semana
Envíame un vídeo a mi correo eligiendo una de tus respuestas a una letra del rosco. Dale al play para que se escuche mi definión mientras se ve cómo la escuchas y la contestas.



Dentro de cada letra te aparecerán cada una de las grabaciones donde escucharás las definiciones. Si en un principio te da error y no te lo reproduce, dale a "Ver" o "Descargar", insiste y no tendrás problemas.¡¡Empezamos!! ¡Espero que os guste!



Educación Física do 18 ao 22 de maio

Ola nenos e nenas! Esta semana, tendo en conta que non puidemos celebrar de xeito normal o día das Letras Galegas, imos aprender algo máis sobre Galicia. Que coñeces sobre os xogos populares e tradicionais galegos?

Os xogos populares e tradicionais son aqueles que practica moita xente dentro dun lugar, e que se transmite de xeración en xeración. Imos nomear algúns que xa coñecedes:

Saltar á corda mentres cantas unha das moitas cantigas que existen, como facemos moitos días no recreo, é un xogo tradicional.

A mariola que tantas veces xogamos no patio, tamén é un xogo traicional, sabíalo?




Ademais aquí vos deixo de novo o vídeo de facer exercicio en familia por se queredes repetir esta semana:

Móvete en casa en familia!

Reto semanal:
Debuxa os números da mariola en papeis e envía un vídeo duns segundos xogando.


Se queres envía o reto ao meu correo dicindo se o podo inlcuir nun vídeo de retos de alumnos/as de todo o cole.
Correo electrónico: edu.fisica.alfonso@gmail.com

Inglés do 18 ao 22 de maio
Esta semana imos aprender FRUITS !
Watch, listen and enjoy!
Aquí tedes unhas cancións para que aprendades como se din algunhas frutas en inglés:

E tamén a divertida historia do sombreiro de Aziza. Recordádela?


Play and learn!
Aquí tedes varios xogos para seguir aprendendo :
Write
E unha ficha para escribir as letras que faltan

Plástica do 18 ao 22 de maio
Esta semana podedes elexir o traballo que máis vos guste destes dous:
1.Colorear, recortar e pegar froitas nunha cesta. ( Se non tedes impresora, facedes vós os debuxos).


2. Facer unha cesta e froitas de plastilina, (Se non tedes plastilina, déixovos un vídeo para facer plastilina na casa con fariña: https://www.youtube.com/watch?v=rro_n9j8Z6k)

Recordade que é importante que saiba que os nenos están traballando e que me enviedes cada semana polo menos unha tarefa das que poño no blogue (foto da ficha ou do debuxo, foto do xogo interactivo rematado, foto do neno vendo o vídeo, vídeo do neno bailando as cancións,...). Podedes enviarmas ao meu correo mvillarcambon@gmail.com e non olvidedes poñer o nome do neno/a e o curso.
Moitas grazas. Cruz, mestra de inglés e de plástica.

Lingua Galega do 18 ao 22 de maio


España é un país famoso polo bo tempo e pola variedade de comidas que cociñamos nas diferentes comunidades autónomas que forman España.
Recordades o que nos ensinaron os Bolechas a semana pasada no conto que vos lin “Os Bolechas van á peixaría”?


Pois ademais de levar unha dieta saúdable e equilibrada para estar sans, é moi importante facer exercicio físico e deporte como por exemplo andar en bici ou saltar á corda. Esta semana quero que escribades cada día a actividade deportiva que fixestes. Podedes elexir os xoguetes que vedes na parte inferior da pirámide da foto ou actividades como bailar que tamén é facer exercicio ou calqueira que vos guste. Recordade que os días da semana en galego son: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
Exemplo: O luns xoguei cunha pelota. 
O martes.....
O mércores....

Aquí vos deixo tamén unha das cancións que escoitamos no proxecto do segundo trimestre das patacas e outras plantas para falar das vitaminas que nos dan as froitas e verduras: 

E xa que estamos a falar de comida, a vosa mestra de Galego quere saber cal é o voso prato favorito e quere que lle escribades os ingredientes que leva. Déixovos unha plantilla para que vos axude a realizar esta actividade pero podedes escribila nun folio ou libreta.


Recordade que debedes mandarme fotos das actividades desta semana para saber que non olvidastes todo o que aprendemos durante os meses que estivemos xuntos.Podedes enviarmas ao correo profmartap1983@gmail.com ou por tokapp ao usuario marta1983.tokapp.es

 









Naturais do 19 ao 22 de maio

Hola nen@as, está semana
Imos coñecer aos animais invertebrados.
   Imos ver a XOANIÑA  ou o REI-REI.
Xoaniña, voa, voa (rimas)    Para xogar á corda.
Xoaniña, voa, voa                          Rei rei
que che hei dar pan de broa.          cantos anos durarei
                                                        vintecinco  non o sei              Xoaniña, voa, voa                           un, dous, tres, catro,
vai e tráeme algunha nova.             Cinco, seis, sete, oito,
                                                        nove, dez, once, doce,
Xoaniña, voa, voa                           trece, catorce, quince…
que teu pai vai en Lisboa.

Sodes quen de facer unha xoaniña da maneira que máis vos guste, e co material que queirades. Unha boa idea é reciclando das cousas que hai na casa.
Mandade foto.

     Un bico vémonos na próxima videochamada.

Inglés do 11 ao 15 de maio

Esta semana imos repasar Family!

Watch, listen and enjoy!
Aquí tedes unha canción para que aprendades como se din en inglés mamá, papá, avó, avoa, irmán, irmá,...

 Déixovos tamén a historia que vimos o ano pasado sobre unha enorme cenoria. Lembrádela?

E agora as preguntas da historia. Sabedes quen é cada personaxe?


Play and learn!
E se queredes seguir aprendendo, aquí tedes varios xogos :
Feliz día da familia. Happy family day!


Plástica do 11 ao 15 de maio

Esta semana imos celebrar o Día da familia, que é o 15 de maio, así que podedes facer un debuxo da vosa familia poñendo debaixo de cada persoa quen é en inglés (me, mum, dad, brother, sister,...). Non olvidedes colorealo e facelo ben bonito, e así pódevos servir como regalo para a vosa querida familia. Disfrutade do día!


Relixión  do 11 ao 15 de maio
E a profe de Relixión vos deixa estes vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=7fiBmFG6pjM 



Lingua e Música do 11 ao 15 de maio


Esta semana celebramos o día da familia, o 15 de maio e o día das Letras Galegas o 17 de maio así que esta vez non viaxamos a ningún lugar e quedamos na nosa terra, Galicia.
Galicia está dividida en 4 partes que se chaman provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Nós vivimos na provincia de Coruña. 



E esta é a nosa bandeira.






Nas aldeas de Galicia temos moitos animais xa que nelas viven moitos gandeir@s e agricultor@s.


                                         Gandeira



                                          Agricultora


Recordades o video de cando un dos nosos cantantes favoritos, Paco Nogueiras, visitou á súa nai na aldea onde naceu? Pois aquí volo deixo porque recordo que vos gustara moito.



E aquí vos deixo unha canción moi divertida del que nesta semana que celebramos as Letras Galegas ten moito sentido bailala e aprendela.


Meu o mundo é de Paco Nogueiras




    • Busca algunha rima nesta canción e escribe a parella de palabras que a forman. Recorda que debes buscalas ao final de cada verso. Mandame foto dalgunha rima que atoparas.

A qué tipo de música vos recorda esta canción que vos ensinou a metra de Música, Cris? Pois a muiñeira. Imos recordar este baile. Mirade.



Recordade que tiñades que facer un salto cos pés xuntos e despois levantar o pé dereito. Outro salto cos pés xuntos e levantar o pé esquerdo e así todo o rato. Veña a saltar e a practicar!


Déixovos O rap do Magosto que sei que vos gusta moitísimo.


  • Tamén aprendemos palabras en galego relacionadas coa familia (avós, nai, pai, irmá, irmán, curmáns, netos, fillos...) e aprendemos que como xa sodes grandiños podedes colaborar nas tarefas da casa.




Copia e completa as seguintes frases sobre a familia coas palabras axeitadas: amables- cariñosa- alegre-divertidas

A miña nai é moi ___________________.
Os meus avós son _________________.

O meu irmán pequeno é ____________.

As miñas curmás son moi ______________.


  • Elixe algún membro da túa familia e realiza unha descripción con 3 ou 4 frases. Podes utilizar os exemplos anteriores. Recorda utilizar adxectivos como amable, cariñosa, alegre, alto, baixo... e facer un debuxo dese familiar. Mándademe foto desta tarefa.

➤Ademais de vivir na provincia de Coruña, case todos os nenos e nenas do cole vivimos nunha cidade que se chama tamén Coruña. E como esta cidade está rodeada case toda de mar temos moitos pescadores que nos traen ricos peixes para que poidamos comelos e estar sans.



Esta semana vouvos ler este conto: Os bolechas van á peixaría.



  


Déixovos tamén unha canción sobre os peixes, mariscos e moluscos que temos nas costas de Galicia. 


Canción Cantos Rodados de Mamácabra (peixes e mariscos de Galicia)

Educación Física do 11 ao 15 de maio
Nesta semana onde celebramos o día da familia, para que o exercicio físico na casa tamén sexa algo familiar no que participemos todos, aquí vos deixo este vídeo no que espero que pasedes un bo rato. Poñede ropa cómoda e a facer exercicio xuntos!


Para seguir coñecendo e aprendendo sobre o noso corpo, aquí tedes unha divertida cantiga para repasar as partes do corpo mentres cantamos e bailamos. Animade a alguén na casa a que a baile con vós!



Reto da semana:
Desplázate varios metros cunha parella suxeitando un globo ou unha pelota, pero non se pode tocar coas mans.


Se queres envía o reto ao meu correo dicindo se o podo inlcuir nun vídeo de retos de alumnos/as de todo o cole.
Correo electrónico: edu.fisica.alfonso@gmail.com




Naturais do 12 ao 15 de maio


Hola nen@as, está semana imos coñecer aos animais invertebrados. 






Logo coñeceremos aos insectos. Esta semana comezaremos cos vermes da seda e con como podemos facer para criar bolboretas. Nos todos os anos criámolas na clase. Este ano toca en video.





Facede debuxos dos animais que máis vos gusten. Describe un invertebrado que voe e aprendede esta canción de María do Ceo.




Un bico, vémonos na próxima videochamada.
  • Semana do 5 ao 8 de maio.
  • A mestra Cris, vos deixa este xogo para seguir repasando os sons graves e agudos a través do movemento.




Pinchade neste enlace para escoitar os diferentes sons: Sons agudos e graves




Educación Física do 5 ao 8 de maio
Esta semana imos aprender a saber cales son os mellores alimentos para crecer fortes e con boa saúde. Os alimentos son os que nos dan a nosa enerxía, así que se son alimentos saudables creceremos mellor e máis sans. A continuación tedes un vídeo que explica que alimentos podemos comer máis e cales podemos comer, pero en pequenas cantidades.




Que aprendemos? Escríbeme no correo, 3 alimentos que poidas comer todos os días.


Ademais de comer ben, temos que acompañar as comidas saudables con exercicio físico. Así que esta semana, repetiremos coa sesión de moverse na casa.




Reto da semana:
Escribe unha pequena mensaxe nun folio, pégate esa mensaxe ao revés no peito, fai un pino contra a parede e sácate unha foto onde se poida ler. Podes dedicar a mensaxe a quen ti queiras.

Aquí tedes o meu reto!



Envía a foto ao correo: edu.fisica.alfonso@gmail.com




Inglés do 5 ao 8 de maio
Esta semana imos aprender os nomes de animais domésticos.
Watch, listen and enjoy!
Déixovos uns vídeos. 
Play and learn!
E agora ides pinchar nestas páxina e aprender os nomes de animais domésticos. Fixádevos como se din e como se escriben! e practicade con varios xogos interactivos:
Write, match and search!
Déixovos varias fichas para practicar o que aprendestes. Podedes facer unha, ou facer as dúas. Se non tedes impresora, podedes facer a primeira ficha escribindo os nomes nunha folla.

https://drive.google.com/open?id=19VCV736eJCpUrjFHzio5E2NTZKUBvo0u
https://drive.google.com/open?id=1E43SoiDGeRehfG19OyTfm8S89EJ_57ao

É importante que saiba que os nenos están traballando e que me enviedes cada semana polo menos unha tarea das que poño no blog (foto da ficha, foto do xogo interactivo feito, foto do neno vendo o vídeo,...). Podedes enviarmas ao meu correo mvillarcambon@gmail.com e non olvidedes poñer o nome do neno/a e o curso.
Moitas grazas. Cruz, mestra de inglés.

Plástica do 5 ao 8 de maio
Como esta semana estamos a aprender animais domésticos en inglés, gustaríame que fixerades o animal doméstico que máis vos guste. Podedes facer un debuxo ben grande e colorealo ou pegarlle papeis de cores, podedes construir o animal usando diferentes materiais, podedes facelo de plastilina, podedes usar pezas de lego,... o que vós queirades!
Aquí vos deixo varios exemplos, pero recordade que me gustaría máis que fixerades o voso propio animal doméstico usando a vosa imaxinación.



Por favor, enviádeme fotos ao meu correo mvillarcambon@gmail.com e non olvidedes poñer o nome do neno/a. Moitas grazas. Cruz, mestra de plástica.



Lingua do 5 ao 8 de maio


Esta semana viaxamos ao continente de Oceanía e concretamente a Australia e a Nova Zelanda.
 

Primeiro marchamos con Jet a Nova Zelanda!
Neste país son típicos os kiwis, tanto os animais coma as froitas. Podedes investigar sobre esta ave tan rara que tampouco voa, ao igual que lle pasa ao pingüín, e escribir tres ou catro adxectivos sobre el (recordade que os adxectivos eran esas palabras que nos dicían como eran os animais, persoas ou obxectos. Exemplos: grande, pequeno, branco, circular….)






Australia, ao igual que Nova Zelanda é unha illa na que viven canguros, coalas, dingos, emús…. Recordade que unha illa é unha parte de terra que está rodeada completamente por auga. Existen moitos tipos pero esta imaxe sería un exemplo.




 Recordades a diferencia entre mapamundi e globo terráqueo? 




Ademais de vivir diferentes tipos de animais salvaxes en Australia tamén son moi típicas as granxas de ovellas. 
¿Recordas se a ovella era un animal salvaxe ou doméstico?

  • Elixe ao teu animal favorito doméstico e descríbeo con tres frases. Recorda mandarme unha foto da descripción. Tamén debes inventarte un nome propio para ese animal (recorda que se escriben con maiúscula).

  • Recordades a Dino e Lucho? Eran eses monecos que nos ensinaba a falar galego. Pois imos facer unha actividade interactiva para recordar cómo xogabamos con eles.
 Recordade enviarme as fotos das dúas actividades escritas para poder realizarlles o seguimento do terceiro trimestre e saber que están traballando. Podedes enviarmo a través dunha foto ao meu usuario de tokapp: marta1983.tokapp.es ou ao correo electrónico profmartap1983@gmail.com sen esquecer o nome do nen@. Moitas grazas. Marta, mestra de Lingua.


Lengua 5 ao 8 de Maio





Escribe un cuento con la siguiente imagen.

Pon el título.

Dónde sucede.

Qué quiere el protagonista.

Qué hace.

Dificultades.
Qué sucede al final.










SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

EDUCACIÓN FÍSICA


Esta semana xa podedes baixar á rúa, pero como so se pode estar unha hora, aínda tedes moito tempo para estar na casa. Aquí tedes unha serie de exercicios para facer comigo e moveros un pouco.

Vídeo-> Exercicio na casa con Alfonso!

E agora, para despois de facer exercicio, imos terminar facendo unhas posturas de ioga para relaxarnos e estirar o corpo:

Vídeo-> Imitamos posturas de animais


Reto da semana:
Fai unha figura de equilibio ximnástico (acrosport) cun familiar de casa e sácate unha foto. Podes facer mais de unha figura se queres. Aquí déixote algún exemplo pero podes facer outras diferentes:





Envía se queres fotos das posturas ximnásticas de acrosport para que vos poida
ver. Correo: edu.fisica.alfonso@gmail.com


INGLÉS
Watch, listen and enjoy!
Esta semana imos repasar os animais salvaxes. Déixovos dous vídeos e dous xogos interactivos.

https://www.cokitos.com/senala-el-animal-ingles/play/
Read, match and colour!

E unha ficha por se vos apetece unir os animais co seu nome e colorealos. Se non tedes impresora, podedes debuxar os animais que máis vos gusten e escribir o nome.







LINGUA

Tamén dende a área de Lingua Galega, gustariame deixarvos estas actividades para repasar as cores e os números en galego.
Recordades que xusto antes de que nos suspenderan as clases tivemos o concerto didáctico de Músicas do mundo a cargo do grupo musical Arco Iris? Pois a nosa idea para estas semanas é viaxar polo mundo e coñecer as súas músicas, animais e costumes.


Esta semana viaxamos a parte Sur do planeta e viaxamos ata África (ese continente que está debaixo do noso continente que é Europa.  Collemos o avión e chegamos ata Sudáfrica (o país que está máis ao Sur do continente africano)


  • Aquí vos deixo un video para que coñezades un pouquiño máis sobre África.



 Esta é a bandeira de Sudáfrica.



A bandeira deste país ten seis cores: negro, amarelo, verde, branco, azul e vermello.


  • Busca na túa casa un ou dous obxectos de cada cor da bandeira de Sudáfrica.( se non sabedes como se din en galego podedes preguntarme a través do tokapp)

Cor
Obxectos
amarelo

negro

verde

branco

azul

vermello




  • Recordades como se din os números en galego? Pois aquí vos deixo a canción coa que os aprendemos.

                                                        Canción Os números



  • Tamén vos deixo unha canción nova sobre as sete cores do arco da vella do grupo Pirilampo.

                                                        Canción Sete Cores   



  • Agora toca xogar e repasar con esta actividade interactiva as cores na lingua galega.Cando atopes a palabra, pulsa a primeira letra e a continuación a última letra da palabra (así xa queda marcada a palabra enteira).







  • Agora, igual que faciamos algunha vez na clase gustariame que contestarades estas preguntas:

1. Quenes son as personaxes do conto?
2. En qué lugar se desenvolve a historia?
3. Cal é o tema do conto? Exemplo: o enfado, a amizade, a contaminación, o medo, aprender a compartir...
4. Qué lle sucede ao peixe Arcodavella?
5. Cómo soluciona o protagonista do conto o seu problema de non ter amigos?
6.  Qué aprendemos con este conto?

  • Recordades esta canción?
                          Canción sudafricana


Pois con ela a profe Cris na sesión virtual do mércores ás 12 vos recordará cousiñas que aprendestes da materia de Música. 

No vídeo sobre o continente africano, Dani, nos falaba sobre a sabana africana. E que película que nos gusta moito a tod@s está ambientada na sabana africana? Pois si, El rey León!!!!



  • Aquí vos deixo caroutas dos nosos amigos Simba, Timón e Pumba por se queredes preparar algunha.




Tamén podedes colorear este mapa de África e buscar na puntiña de todo ao país de Sudáfrica.


Semana do 27 ao 30 de abril


 RECORDADE: estes exercicios son orientativos, fainos se che apetece para pasar o tempo e para non esquecer algúns coñecementos.
Recordade temos unha semana máis por diante para pasalo ben.
  • Imos facer unha video conferencias cos nen@as de clase o mércores.
Xa nos poñeremos en contacto.


SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Esta seman é o Día do Libro, aquí tedes un libro que espero que disfrutedes El pirata valiente e a canción El pirata Barba Negra

Ficha 1
Ficha 2
Ficha 3
Ficha 4
Ficha 5
Ficha 6
Ficha 7
Ficha 8
Ficha 9

Carrera de gusanos-Carreira de miñocas Para xogar na casa coa túa familia. Quen será o campión?

EDUCACIÓN FÍSICA

O tempo na casa continúa, pero non podemos quedarnos quedos sin facer nada. Por iso, esta semana aprenderemos algo novo sobre o noso corpo e faremos uns retos de equilibrio.

Bailade e aprendede sobre os ósos do noso corpo coas seguintes cancións:

Los huesos del cuerpo
https://www.youtube.com/watch?v=ujAVv8xABD0&t=17s

Huesos | Pinkfong
https://www.youtube.com/watch?v=rOSAoMxYBQ0

Reto da semana:
Es capaz de aguantar á pata coxa 5 segundos cun rolo de papel na cabeza?

Envía se queres un vídeo bailando algunha das cancións ou co teu reto para que vos poida ver ao correo edu.fisica.alfonso@gmail.com

INGLÉS 


Esta semana é o día do libro, así que espero que disfrutedes destas dúas historias. Watch, listen and enjoy!

The Super Duper Rescue Team. Car Stories

https://www.youtube.com/watchv=SLy8ZnH6HZA&list=PLQiKLJnked46okgt_CVl0bnB0uHjx7DMW&index=4&t=36s

The very hungry caterpillar animated story


E non pode faltar o exercicio, a música e o baile para aprender inglés. Let´s exercise, sing and dance!





Semana do 14 ao 17 de abril

 RECORDADE: estes exercicios son orientativos, fainos se che apetece para pasar o tempo e para non esquecer algúns coñecementos.
Recordade temos unha semana máis por diante para pasalo ben.
  • Imos facer unha video conferencias cos nen@as de clase.
Xa nos poñeremos en contacto.
  • Hai que ler moito.
  • Esta semana poderemos facer experimentos.

    http://tiny.cc/wxuslz Exemplo: Flechas mágicas, sal-tarina…..
    Ficha 1
    Ficha 2 
    Ficha 3
    Ficha 4 
    Ficha 5
    Ficha 6  
    Ficha 7
    Ficha 8
    Ficha 9

 UN BICO MOI GRANDE DA VOSA MESTRA.


INGLÉS

A profe Cruz déixavos dous vídeos e un xogo para repasar as cores:
Unha ficha por se vos apetece colorear
E unha canción que xa coñecedes moi ben, para que vos movades e disfrutedes


SEMANA DO LUNS 30 MARZO AO VENRES 3 ABRIL

RECORDA: estes exercicios son orientativos, fainos se che apetece para pasar o tempo e para non esquecer alguns coñecementos. O importante é estar ben, en familia e procurando estar ledos.

Seguide unha rutina diaria, algo moi importante, todos os días tedes que poñervos guap@ s como se fósedes a saír á rúa, non debedes estar en PIXAMA e logo xa sabedes temos un grande día por diante.

  Fai xogos semellantes a:
     educapeques. com
     mundoprimaria.com

 Fichas: 


 UN BICO MOI GRANDE DA VOSA MESTRA, QUE BÓTAVOS DE MENOS.
 

De inglés déixovos uns vídeos para repasar números, aprender animais  e mover o esqueleto.

https://www.youtube.com/watch?v=Aq4UAss33qA

https://www.youtube.com/watch?v=B-83WJMAjMA

https://www.youtube.com/watch?v=Oxw6FoUNeT4

https://www.youtube.com/watch?v=7JvkWXBY2eY

E se vos apetece, tamén un conto e un xogo

https://www.youtube.com/watch?v=NfsCSV7fZS0

https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/rompecabeza-numeros-11-a-20


E para repasar algo de Lingua Galega tamén vos deixamos uns enlaces de cancións aprendidas no cole e doutras novas. Tamén deixamos algúns videos dos Bolechas.







Os Bolechas:



A avespa



Recordades tamén " El Monstruo de los colores"? Seguro que esta semana as emocións están un pouco revoltas como lle pasa a el. Se alguén non recorda este conto, déixovos este enlace onde podedes velo e recordalo.



Diario emocional

Sabedes que nestes días de cuarentena é importante ter unhas rutinas e tamén moi importante saber en que día vivimos. Pois esta semana imos facer un diario das emocións.
Déixovos unha ficha de exemplo para que vexades como se fai pero cada día debedes poñer unha data diferente e escribir como vos sentides.


Por último debes debuxar a emoción que sintes na túa cara e pintar un círculo segundo a cor do conto " El monstruo de los colores"
Tamén podedes facelo en castelán se preferides.


Lembro tamén a actividade da profe Cris que está relacionada coas emocións por se alguén aínda non a fixo.

Dende a aula de música gustaríame plantexarvos, para esta semana,  a seguinte actividade: Escoitamos, sentimos.

É unha proposta auditiva (unha audición, xa sabedes, boca cerrada e oídos moi abertos) na que escoitaremos cinco grandes obras musicais para despois escribir o sentimiento que nos provoca (alegría, tristeza, medo, amor, loucura…); unha cor que relaciones coa música; por último, imaxina e debuxa o que te inspira esta audición.
Pódese facer individualmente ou ¡con toda a familia!
Pincha nos enlaces e deixa voar a túa imaxinación.


Audición 1:

Audición 2:

Audición 3:

Audición 4:

Audición 5:
https://youtu.be/IY7bgtEZ6Mc

Segue este esquema se o prefires:



AUDIO
SENTIMENTO
COR
AUDICIÓN 1


AUDICIÓN 2


AUDICIÓN 3


AUDICIÓN 4


AUDICIÓN 5






E se tedes máis ganas de actividades en Galego vos deixo un par de lecturas comprensivas moi chulas.

Reciclamos    Nesta lectura ademais de contestar as preguntas que aparecen debedes buscar dous nomes propios.

O bebé    Nestoutra lectura debedes buscar adxectivos (polo menos dous). Recordades que son os adxectivos? Son ese tipo de palabras que nos din como son as persoas, animais e obxectos. Xogamos con eles cando tiñamos que pensar adxectivos para os animais que colliades na clase. Recordades? Exemplo: alto, baixo, grande, pequeno...





SEMANA DEL LUNES 23 MARZO AL VIERNES 27



RECUERDA: estos ejercicios son orientativos, y hazlos si te apetece para pasar el tiempo y no olvidar algunos conocimientos. Lo importante es estar bien, en familia y procurando estar contentos.

UN BESO MUY GRANDE DE VUESTRA PROFE QUE OS ECHA DE MENOS.

Cualquier juego interactivo similar a:
     educapeques. com
     mundoprimaria.com

Programas educativos:
     CLAN TV 
     LA 2
   Tania Llasera dará clases de inglés a los niños en Boing mientras dure la cuarentena. 

Os dejo unas fichas: 


SEMANA 16 DE MARZO:

Lengua

Los niños y niñas que tengan lecturas comprensivas seguirán en la lectura en que estábamos. RECORDAD que tenemos que leerla varias veces, y escribir las respuestas.



Matemáticas.


Hacer sumas y restas llevando, series de dos en dos, tres, cinco...
y multiplicaciones x 2, 3, 4 y 5.  Podéis utilizar las libretas de Rubio o las páginas que ponemos para juegos: Granja de Vedoque, Math Bingo... 

Si estos ejercicios los hacen jugando seran más apetecibles. 

https://colegio-cid.blogspot.com/p/juegos.html

A continuación tenéis las actividades de esta semana:




Enlace al libro Frederick


Música:

Dende a aula de música gustaríame plantexarvos, para esta semana,  a seguinte actividade: Escoitamos, sentimos.
É unha proposta auditiva (unha audición, xa sabedes, boca cerrada e oídos moi abertos) na que escoitaremos cinco grandes obras musicais para despois escribir o sentimiento que nos provoca (alegría, tristeza, medo, amor, loucura…); unha cor que relaciones coa música; por último, imaxina e debuxa o que te inspira esta audición.
Pódese facer individualmente ou ¡con toda a familia!
Pincha nos enlaces e deixa voar a túa imaxinación.


Audición 1:

Audición 2:

Audición 3:

Audición 4:

Audición 5:
https://youtu.be/IY7bgtEZ6Mc


Segue este esquema se o prefires:



AUDIO
SENTIMENTO
COR
AUDICIÓN 1


AUDICIÓN 2


AUDICIÓN 3


AUDICIÓN 4


AUDICIÓN 5






Educación Física:

Con motivo de luchar contra este nuevo virus quedándonos en casa las próximas semanas y
para hacer esta cuarentena algo más productiva y entretenida y que a la vuelta hayáis mejorado
vuestras habilidades, os propongo una serie de ejercicios y retos para hacer un par de veces
a la semana.

¡Vamos a empezar haciendo unos desplazamientos! Marcamos un recorrido con dos puntos por el
pasillo o una zona larga de la casa, donde haremos los siguientes desplazamientos (podemos
animar a algún familiar de casa a que los haga con vosotros y vais haciendo relevos): 

- Saltos de pies juntos hacia adelante.
- Saltos de pies juntos hacia atrás.
- Manos en el suelo, piernas abiertas, caminamos con las manos y pies.
- Saltos a la pata coja con la derecha y hacia delante.
- Saltos a la pata coja con la izquierda y hacia delante.
- Manos en el suelo, piernas abiertas, y en dos tiempos, alejamos ambas manos y acercamos
ambos pies: alejamos manos, acercamos pies, alejamos manos, acercamos pies…
- Saltos a la pata coja, con la derecha y hacia atrás.
- Saltos a la pata coja, con la izquierda y hacia atrás.
- Avanzamos dos pasos hacia adelante, y realizamos un salto con medio giro, dos pasos atrás y otro
salto con medio giro, así hasta acabar.
- Avanzamos dos pasos hacia adelante y realizamos un salto con giro completo y repetimos hasta el
final del recorrido.
- Ranas.
- Cangrejos.

Momento de probar las habilidades:
Con una pequeña pelota o una bola de papel, realizar lanzamientos a una pequeña
papelera.
¿Cuántas veces sois capaces de encestar?
- 10 lanzamientos desde 1 metro.
- 10 lanzamientos desde 1 metro y medio.
- 10 lanzamientos desde 2 metros.
- 10 lanzamientos desde 2 metros y medio.
- 10 lanzamientos desde 3 metros.

Inflamos un globo:
¿Cuántas veces eres capaz de golpearlo sin que caiga al suelo?
Ahora más difícil, ¿cuántas veces eres capaz de golpearlo sin que caiga al mientras está sentado en
el suelo?
Búscate un compañero o compañera de juego. Ahora entre los dos, ¿cuántos golpeos sois capaces
de hacer sin que se caiga? Probar también sentados.










Ningún comentario:

Publicar un comentario