martes, 14 de maio de 2019

IMOS AO SUPERMERCADO

O mes pasado visitamos o supermercado pero, como todas as saídas, tendo en conta o seu carácter pedagóxico para aprender dun xeito máis motivador e logrando así acadar uns obxectivos.


As nenas e os nenos de 4º Educación Infantil traballaron as diferentes seccións que te podes atopar nun supermercado e clasificaron os productos segundo a sección.


Ademais elaboraron o seu propio supermercado con material de refugallo e, a través do xogo simbólico, xogaron a ser dependientas e dependientes e clientes. Esperaron o turno para poder pagar e contabilizaban cantos productos levaban e fóronse introducindo no coste deles.



Manexaron os diferentes folletos de publicidade de diferentes supermercados e buscaron entre eles os prezos, os cales repasaban para afianzar o trazado dos números. 


Os alumnos de 5º de Educación Infantil aproveitamos a visita ao supermercado para darnos conta de que se pode facer arte con calqueira material. Tras repasar as distintas seccións do supermercado quedámonos na froitería e, tomando como referencia "El jardinero" de Archimboldo, fixemos o noso particular retrato cos vexetais da nosa cociniña. Así foi como naceu Erin "o fruteiro" onde cada un/unha dos/as nenos/as vían a similitude dos distintos vexetais para formar as distintas partes da nosa cara.



Os alumnos de 6º de Educación Infantil , aproveitamos ésta visita ó super para traballar co libro de Sabela e as zocas máxicas. Nel observamos e identificamos  en gran grupo con bits, o camiño que leva a Sabela da casa a escola no cal se atopa con moitos espazos e entre eles  os espazos comerciais ( FROITARÍA, CARNIZARÍA PANADARÍA...). polo tanto o que conseguimos con esto foi contribuír o coñecemento do alumnado dos lugares do mercado; neste caso cun conto. Despois puxémonos a repasar as palabras trabadas que atopamos no conto pois xa somos uns gran lectores !!!




                                
Tamén xogamos a buscar por toda a clase aqueles alimentos que deberían estar en cada sección dun supermercado.Así observamos, investigamos e experimentamos cos elementos da nosa aula a través da vista e o tacto. Foi moi divertido!!! Para finalizar representamos a través de diferentes formas de expresión ( oral, gráfica, corporal e plástica) a vida nun supermercado.




Aprendimos tamén que cada día debemos comer moita froita e verdura para ser moi sans e fortes. Non  debemos olvidar metelos meter na nosa  cestiña. 



A comida que non é tan boa para a nosa saúde non debemos consumila habitualmente e polo tanto non será un espazo obrigatorio para visitar no mercado.



                                          
Durante estes días tamén cantamos e bailamos ca canción de  FUN AO MERCADO  (podedes vela neste enlace). 

E POR FIN , CHEGOU O GRAN DÍA....A VISITA AO SUPERMERCADO. 

Alí poidemos ver as seccións e falar cos dependentes. Na froitería xogamos a adiviñar as froitas polo tacto;na panaderia, recordamos que non podemos comer bollería moi amenudo; na carnicería falamos co carniceiro e explicounos porque se vestía así e ata tocamos os seus guantes para non cortarse cos coitelos; na pescadería poidemos ver os peixes e incluso tocar centolos e para rematar o Eroski deunos unha mochila na que viñan 3 pezas de froita, que son as que hai que tomar diariamente, unha botella de auga e unha bolsa de papel para recordar que debemos evitar o máximo posible as bolsas de plástico, pois contaminan moito. 





Foi unha visita moi interesante, moitas gracias a todo o personal de Eroski por recibirnos  e adicarnos o seu tempo para explicarnos como é o supermercado e que debe levar a cesta da compra para  contribuir cunha boa alimentación 

Ningún comentario:

Publicar un comentario