martes, 9 de setembro de 2025

Curso 25-26













¡Bienvenidos al curso 2025-2026!

Iniciamos un nuevo año escolar con mucha ilusión y ganas de seguir aprendiendo juntos. Este blog será nuestro rincón para compartir novedades, actividades y recursos que os ayudarán a estar al día de todo lo que ocurre en el centro.

Os animamos también a seguirnos en nuestras redes sociales, donde iremos publicando avisos, recordatorios y momentos especiales del curso 📲.



Además, os dejamos aquí la imagen con el horario de atención de secretaría y dirección, para que podáis consultarlo siempre que lo necesitéis:



 

martes, 17 de xuño de 2025

SOLICITUDE BECAS NEAE CURSO 25 26

No seguinte curso 25 26 existen cambios no procedemento para solicitar as becas NEAE.

A continuación deixamos unha carta aclaratoria

circular aclaratoria proceso curso 25 26


Para calquera dúbida podedes contactar coa mestre de pedagoxía terapéutica do colexio:   concepcion.vidal@colexiocid.com

sábado, 17 de maio de 2025

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2025-2026

O pasado xoves publicouse no DOG a Orde do 25 de abril  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/2026.

O prazo para a entrega de solicitudes será do 16 de maio ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Modo de presentación:

- De xeito presencial: na secretaría do centro.

- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros. Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2025/26, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2024/25. 

O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES ou CPR no que teña obtida a praza para o curso 2025/2026. Se non ten praza asignada en Secundaria deberá entregalo no colexio.

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2024/2025.

DOCUMENTACION A PRESENTAR

ANEXO I

prazos


O luns 2 de xuño realizaremos unha reunión para explicar ás familias os diferentes apartados da solicitude as 18:00 horas.

Sodes tod@s benvid@s.