Os alumnos/as de 6º visitaron, o pasado luns, a Torre de Hércules. É o faro romano máis antigo do mundo e é o único que se conserva en funcionamento. Dende o 2009 é Patrimonio da Humanidade. Varias lendas relaciónanse con esta construcción pero a máis coñecida é a de Hércules. Este chegou en barca ata a costa de Coruña onde loitou co xigante Gerión. Despois de vencelo no combate, enterrou a súa cabeza no lugar onde está construíada a Torre de Hércules.
Ningún comentario:
Publicar un comentario