domingo, 18 de abril de 2021

7 de abril: Día mundial da Saúde

 Dende a súa proclamación pola Asamblea Mundial da Saúde o 7 de abril de 1948 (que coincide coa fundación da Organización Mundial da Saúde, OMS) o Día Mundial da Saúde foi escollido como unha data que xere conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e que cree hábitos sans nas persoas.

É por isto que no noso cole realizamos durante toda a semana diferentes actividades para recordar a importancia deste día, aínda que a adquisición de hábitos saudables é un tema que traballamos durante todo o curso a través da promoción das merendas saudables e dándolle moita importancia ao exercicio físico.







En infantil conmemoramos este día coa axuda da pirámide alimenticia. Lembramos todo o que necesita o noso corpo e os nosos dentes para medrar sanotes e tamén recordamos a importancia de ter a mente sá facendo prácticas saudables como o exercicio físico, relaxación e ioga. " Non esquezades papis e mamis que os nenos e nenas deben medrar nun benestar físico, psíquico e emocional".




Ademais na clase de 4 aniños aproveitamos a reforzar as figuras xeométricas, alimentos saudables e non saudables relacionados coas cores das emocións, seriacións, psicomotricidade fina, clasificación....














En primeiro e segundo traballamos sobre todo a pirámide alimentaria aprendendo vocabulario novo en galego e coñecendo como se escriben e realizan diferentes receitas saudables con peixe.










En terceiro e cuarto recordaron os hábitos de hixiene máis importantes así como a importancia de manter unha boa postura corporal nas actividades cotiás e o descanso. Tamén traballaron a alimentación coa pirámide.









En quinto fixeron unha merenda saudable e falaron da importancia de lavar ben os dentes e de manter unha dieta saudable. Tamén realizaron diferentes debuxos do que lles parecía  máis importantes para estar sans.







En sexto  traballaron os cambios de hixiene a través da historia https://www.youtube.com/watch?v=eboT-TFMTOE  e reflexionaron sobre que lles sucedería aos seus dentes se deixaran de lavalos https://www.youtube.com/watch?v=h8oGuZ-ZWEQ


Recordade familias que é moi importante que @s nos@s peques crezan nun entorno saudable tanto físico como emocional.





Ningún comentario:

Publicar un comentario