xoves, 6 de febreiro de 2020

Polo inverno, a ovelliña danos la.

O frío está aquí. O inverno vai convivir con nos uns meses e debemos abrigarnos. As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil están traballando moito para non pasar frío e é por iso que lle están a pedir la , á ovelliña, para abater o frío.

A pesar do frío, poidemos disfrutar igualmente e  fixemos o noso boneco de neve, pero primeiro aproveitamos para manipular a "neve "e para deixar voar a nosa imaxinación. Unha vez que o fixemos, con moita delicadeza, engadimos o nariz, os ollos e a boca, repasando así algunhas das partes da cara. Despois continuamos polo corpo engadindo brazos e....seguramente vexades poucos así pero..., as peques e os peques consideraron que necesitaba unhas pernas, e aquí están.


Para poder abater tanto frío , a nosa ovelliña, que xa levaba uns días pola clase....comezou a darnos lá para poder facer as prendas de abrigo e así pasar un bo inverno. Con esta actividade, intentamos traballar a motricidade fina e ademais seguir traballando o esquema corporal. Tamén nos iniciamos na lecto-escritura, agora que xa case sabemos escribir o noso nome.... toca escribir tamén o da ovelliña. 





 Que ben cosen as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil!!










Como ben sabedes, se aprendemos dunha forma divertida sempre pode ser máis doado, por iso as peques e os peques xogaron coa "caixa das sorpresas". O/a peque metía a man e debía adiviñar a través do tacto que había dentro e o resto de compis ían facendo preguntas para adiviñar que era. Tamen xogamos ao "quen é quen", onde o/a peque poñía as gafas cunha imaxe e debía adiviñar que imaxe tiña polas pistas que lle daban os seus compis. Ao principio era un pouco difícil non poder decir a palabra, pero pouco a pouco foron desenvolvendo técnicas de pensamento para non decir o nome. Contamos ovellas dunha forma moi divertida , fixemos quebracabezas e fixemos parellas de iguais coas ovelliñas, cada ovella coa súa parella.




Tamén aprendimos da man da nosa pizarra dixital , xogando a xogos de memoria, iniciación na lecto-escritura....





Aproveitando que nos gustou tanto este conto, decidimos levalo á casa para ler. Agora a nosa mochila viaxeira anda de casa en casa, axudando ás peques e ós peques a desfrutar da lectura e así poder compartir coas súas familias este precioso conto. Atentas e atentos , se aínda non chegou á túa casa podería estar a chegar. Recordade tratar o conto con moito cariño para que outras e outros peques poidan seguir desfrutando.




Para rematar este proxecto, fixemos as ovellas de cores que nos axudaron a comprender que todos somos diferentes. Non temos a mesma cor de pel , pero no que si coincidimos é que nos gusta que nos traten ben, nos digan cousas bonitas, nos axuden, compartan con nós....



E así aprendemos un montón de cousiñas no Colexio Cid, esperemos que vos guste moito e xa sabedes, se tedes frío, podedes pedirlle á nosa ovelliña un pouco de la. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario