martes, 28 de xaneiro de 2020

Educación Infantil celebra os aniversarios de todas e todos os peques.

Este curso, igual que os anteriores, celebramos os aniversarios o propio día, pero ademáis fixemos un aniversario onde celebramos que todos tiñamos a mesma idade, pois moitos deles cumpren en vacacións e non podemos desfrutar dese momento. Así, para que ninguén se quede sin celebración, decidimos facelo en conxunto.





En 4º de Educación Infantil, celebramos que todas e todos temos 3 aniños. Sopramos a nosa vela e degustamos un montón de froitas coa nosa tarta tan colorida e tamén comimos un pouco de chocolate e gusanitos para rematar.






























En 5º de Educación Infantil tamén sopramos as 4 velas porque todos temos 4 anos,


 e dimos boa conta da tarta de froitas!
 
  Na clase de 5 aniños foi unha grata sorpresa atoparnos cunha tarta tan colorida e de froitassssss!. Estaba tan boa que nuns minutos estaba rematada!!! Aínda así deunos tempo a repasar as froitas en inglés e a contar os arándanos que tiña a tarta. Tamén sopramos varias veces  as cinco velas e para rematar falamos da importancia da froita e bailamos "O baile da froita".











Ningún comentario:

Publicar un comentario