EDUCACIÓN INFANTIL
4º Ecucación Infantil (3 anos)
5º Educación Infantil (4 anos)
6º Educación Infantil (5 anos)
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º Educación Primaria
2º Educación Primaria
3º Educación Primaria
4º Educación Primaria
5º Educación Primaria
6º Educación Primaria
Páxinas
domingo, 7 de xullo de 2019
venres, 5 de xullo de 2019
Fin de curso
Como vimos facendo estes últimos anos a festa de fin de curso foi conxunta para desfrutar todavía máis, grazas á axuda dos alumnos/as de 6º.
Que ben o pasamos!
Se tivesemos que elexir unha foto que resumise este día sería esta:
Se tivesemos que elexir unha foto que resumise este día sería esta:
Sorrisos, apertas e máis sorrisos!
Pero isto só é un breve paréntese para recargar as pilas xa que...
Voltamos en setembro!
Voltamos en setembro!
xoves, 4 de xullo de 2019
Excursión de fin de curso
Este ano visitamos a praia de San Pedro de Veigue e, a pesar do mal tempo de eses días, poidemos disfrutar dun marabilloso día en compañía dos compañeiros/as e mestras.
Coñecimos de primeira man fauna mariña: cangrexos ermitáns, mexilóns, lapas, cangrexos...
Coñecimos de primeira man fauna mariña: cangrexos ermitáns, mexilóns, lapas, cangrexos...
practicamos as construccións con area e pegámonos un fresquiño chapuzón!
E despois dunha longa mañán de xogos e baños...tocou comer!
Que ben o pasamos todos/as xuntos/as!
PARABÉNS AOS QUE CUMPREN ANOS EN ABRIL, MAIO E XUÑO
En 4º de Educación Infantil estamos de festa en festa pois celebramos o aniversario de Paula, Denisse e Iker que cumpriron 4 aniños, xa se están facendo maiores... a piques de pasar a 5º de E.Infantil. Para celebralo, bailamos, cantamos, aplaudimos, comemos.... en definitiva pasámolo xenial, pois cumprir anos é moi divertido.
En 5º de Educación Infantil cumpliu anos Nayla e, como xa é unha auténtica princesa, veu a clase coa súa propia corona. Como boa princesa agasallounos a todos con conos de chuches e invitacións para a súa festa!
Moitas felicidades Nayla!
En 6º de Infantil cumpliron anos os dous pares de xemelgos que temos. Por un lado Daniel e Miguel que nos agasallaron co seu sorriso e tamén cunhas chuches.
E doutra banda Hissy e Lissy que tamén nos agasallaron coa súa dozura e cariño.
Moitas felicidades a todos!!!
mércores, 3 de xullo de 2019
Educación emocional
Durante este curso o alumnado de 6º traballou o recoñecemento sobre as emocións para ser capaces de afrontar mellor os retos que se lles plantexan na vida cotiá. A finalidade principal destas actividades é aumentar o benestar persoal e social do noso alumnado.
martes, 2 de xullo de 2019
O noso gran de millo
Tendo en conta o proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra" os alumnos e alumnas de primeiro realizaron o proxecto "O noso gran de millo" ao longo de moitos meses no que traballaron diversas intelixencias englobando diferentes contidos de varias materias.
Con el coñeceron o traballo dos labregos e dos muíñeiros, a vida na aldea, as partes dunha planta e o seu desenvolvemento dende o xerminación, a elaboración das fariñas de millo e trigo, a elaboración do pan, algúns pasos da muiñeira e ata realizamos problemas matemáticos con millo frito onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas de primeiro. (Pinchade para descargar a ficha: Problemas con millos fritos)
Ademais cantamos cancións en galego como O polo Pepe do grupo Mamá Cabra e Susa Herrera: Canción Polo Pepe ou Pan de millo do grupo Migallas: Pan de millo Tamén traballamos cos contos O polo Pepe e A galiña Pauliña.
Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes observar todo o traballo realizado.
Ademais cantamos cancións en galego como O polo Pepe do grupo Mamá Cabra e Susa Herrera: Canción Polo Pepe ou Pan de millo do grupo Migallas: Pan de millo Tamén traballamos cos contos O polo Pepe e A galiña Pauliña.
Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes observar todo o traballo realizado.
Liberade á mestra
Chegar ao colexio e atoparte a mestra...Esposada!
Sí, como escoitades!
Os alumnos de 6º tiveron que superar unha serie de probas de inxenio, orientación e preguntas sobre historia e xeografía para descifrar un misterio e conseguir as chaves para liberar á mestra...
A Gamificación é unha técnica de aprendizaxe onde se translada a mecánica dos xogos co fin de absover ou repasar os coñecementos facendo accións concretas que impliquen ao alumnado a participar de maneira cooperativa.
luns, 1 de xullo de 2019
Os artistas do cole
Aquí vos deixamos algunhas das pequenas obras de arte que fixeron @s alumn@s de Primaria durante os recreos do terceiro trimestre.
E tamén podedes ver algúns dos crecabacabezas máis grandes que conseguiron facer os nenos e nenas do "Clube do puzzle" colaborando e traballando en equipo durante moitos días.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)