venres, 7 de xuño de 2019

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas Fraguas

Este ano o protagonista do día das Letras Galegas foi o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas. No cole fixemos diferentes actividades para coñecer un pouquiño a súa figura e tamén para poñer de relieve a nosa cultura e idioma.

Na clase de 4º de Educación Infantil aprenderon ademais a situar Galicia no mapa de España e coñeceron os traxes típicos rexionais galegos, aos cales, Antón Fraguas adicou tempo nas súas investigacións.




Os nenos de 5º de infantil coñeceron a Antón Fraguas Fraguas e coñeceron un pouco da súa vida e a súa obra.
Da súa obra nos quedamos coa poesía de "Eu pedinlle leite á vaca", a aprendemos e traballamos sobre as vacas, as súas partes, que fan por nós e que nos dan.



Os pícaros e pícaras de 5 anos traballaron moito unhas semanas antes do gran día de Galicia. Comenzaron con forza falando e chapurreando a nosa fala galega (saíron cousas graciosas e aprendemos moitas outras xa case esquecidas....).
Fixemos actividades relacionadas coa poesía de Antón e tamén coñecemos un pouquiño da súa vida e traxectoria. Centrámonos nun anaco da súa poesía O Raposo a cal nos gustou moito.
Unha vez máis recurrimos ao conto das Zocas Máxicas para coñecer o que é unha aldea e aprender cousas e paraxes que se poden atopar nela. Pareceunos importante ver onde naceu o antropólogo, historiador e xeógrafo pois como el ben dicía " fun sempre un neno da aldea".







Na clase de primeiro, ademais de coñecer as catro provincias galegas, centrámonos na súa labor de periodista e investigador recollendo diferentes refráns galegos relacionados co tempo metereolóxico o que nos permitiu repasar o vocabulario dos metereológos.



Ademais aprendemos a canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" que nos gustou moito e con ela descubrimos tamén algúns intrumentos musicais típicos galegos como a gaita ou a pandeireta. Deixamos o enlace para que pasedes un ratiño divertido cantando na nosa lingua: MEU O MUNDO É.


Os nenos e nenas de segundo aproveitamos a semana para traballar a expresión oral con actividades de traballo en equipo e describindo aos nosos amigos os peluches.



















Ademais plantaron sementes de cabaza para coñecer o traballo dos labregos que viven nas aldeas, o cal aproveitamos para coñecer o conto e a canción de "Corre, corre cabaciña" que nos valeu para aprender os aumentativos e diminutivos en galego e traballar a entoación das frases interrogativas e exclamativas: Canción: Corre, corre cabaciña.




Outras clases realizaron diferentes murais que podemos ver na sala de usos múltiples.



E na aula de apoio aproveitaron a semana para traballar as dificultades da lectura con lecturas en galego.



E por último, pero non menos importante, ao igual que facemos noutras datas especiais, tamén nesta ocasión Tico nos fai recomendacións de diferentes libros na nosa lingua e tamén nos recomenda que pinchemos no apartado de CANCIÓNS EN GALEGO, na sección de páxinas e blogues que seguimos ou utilizamos no cole. (Podedes atopala debaixo da sección de Etiquetas)













Ningún comentario:

Publicar un comentario