mércores, 22 de maio de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA E DAS LETRAS GALEGAS

En 4º de Educación Infantil , vimos o mapa de España e situamos Galicia. Comprobamos que era moi grande e que incluso algún dos peques visitara algunha zona de España fóra de Galicia.




Unha vez que tivemos Galicia situada, buscamos onde vivimos e localizamos as catro provincias nas que se fala o galego.





Tamén identificamos a España e a Galicia coa súa bandeira e fixemos a bandeira de Galicia para celebrar a nosa festa.




Posteriormente, apareceunos unha mensaxe na pizarra dixital que nos decía que este ano a festa das Letras Galegas íbamos a adicala a Antón Fraguas. Pero quen é ese señor? Por qué se lle adica esta festa?





Nos temos familia, pero Antón Fraguas tiña familia?  Aproveitamos para repasar o esquema corporal e debuxamos ás nosas familias.


E aproveitando a ocasión, non podíamos esquecer falar sobre un dos traxes típicos galegos, aos cales ,Antón Fraguas, adicou tanto tempo nas súas investigacións. 



E xa por último, elaboramos un agasallo, con material de refugallo,  para levar ás nosas casas o día da Familia, un xogo que se chama "o tres en raia" no que temos que manter a atención e a concentración , saber esperar a nosa quenda, aprender a pensar e utilizar un razoamento lóxico.  Pero antes de levalo ás nosas casas, practicamos no cole cun tres en raia xigante e xogamos por equipos  e por parellas ( repasando así as bandeiras de España e de Galicia), coas cales tamén xogamos a esconder pola clase e a buscalas no menor tempo posible, que divertido!!









Familias, esperamos que este agasallo que os vosos peques elaboraron con tanta ilusión o disfrutedes moito pero, en realidade, este agasallo leva unha mensaxe oculta. O mellor agasallo que vos podedes dar é o tempo compartido, por iso este xogo necesita de alguén para poder levarse a cabo.







Feliz día das Letras Galegas e das Familias.





Ningún comentario:

Publicar un comentario