venres, 31 de maio de 2019

MERCADO SEMENTE

Recordade que hoxe, venres 31 de maio, os alumnos e alumnas de quinto venderán os seus productos da cooperativa Fantasyworld na praza de María Pita de 16.00 a 20.00.

























Esperámosvos!!!!!

sábado, 25 de maio de 2019

Día da familia

O 15 de maio celebramos no cole o día da familia e para iso convidamos ás familias a contar un conto nas nosas aulas.







Ademais realizamos diferentes actividades como problemas matemáticos con datos das nosas familias, lectura de contos, lectura de poesías, debuxos, vídeos, xogos coas familias de palabras...













As nenas e nenos de segundo de primaria escribiron unha carta a un familiar e marchamos todos xuntos de paseo a metela na caixa do correo.  Foi unha experiencia moi emocionante especialmente cando chegaron as cartas ás casas.

























Pero sen dúbida o que máis ilusión lles fixo aos nosos alumnos e alumnas foi preparar o agasallo para cada unha das súas familias. 































Moitos estudos demostran que as relacións familiares son un dos principais factores  do benestar emocional e da felicidade dun neno ou nena. Por iso é tan importante compartir tempo cos nosos fillos e fillas e formar parte dos seus xogos cando son pequenos. 

Felicidades familias!!!!

venres, 24 de maio de 2019

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun  mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019. 

Orde do 3 de maio de 2019

Sede eletrónica

Solicitude

mércores, 22 de maio de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA E DAS LETRAS GALEGAS

En 4º de Educación Infantil , vimos o mapa de España e situamos Galicia. Comprobamos que era moi grande e que incluso algún dos peques visitara algunha zona de España fóra de Galicia.




Unha vez que tivemos Galicia situada, buscamos onde vivimos e localizamos as catro provincias nas que se fala o galego.





Tamén identificamos a España e a Galicia coa súa bandeira e fixemos a bandeira de Galicia para celebrar a nosa festa.




Posteriormente, apareceunos unha mensaxe na pizarra dixital que nos decía que este ano a festa das Letras Galegas íbamos a adicala a Antón Fraguas. Pero quen é ese señor? Por qué se lle adica esta festa?





Nos temos familia, pero Antón Fraguas tiña familia?  Aproveitamos para repasar o esquema corporal e debuxamos ás nosas familias.


E aproveitando a ocasión, non podíamos esquecer falar sobre un dos traxes típicos galegos, aos cales ,Antón Fraguas, adicou tanto tempo nas súas investigacións. 



E xa por último, elaboramos un agasallo, con material de refugallo,  para levar ás nosas casas o día da Familia, un xogo que se chama "o tres en raia" no que temos que manter a atención e a concentración , saber esperar a nosa quenda, aprender a pensar e utilizar un razoamento lóxico.  Pero antes de levalo ás nosas casas, practicamos no cole cun tres en raia xigante e xogamos por equipos  e por parellas ( repasando así as bandeiras de España e de Galicia), coas cales tamén xogamos a esconder pola clase e a buscalas no menor tempo posible, que divertido!!









Familias, esperamos que este agasallo que os vosos peques elaboraron con tanta ilusión o disfrutedes moito pero, en realidade, este agasallo leva unha mensaxe oculta. O mellor agasallo que vos podedes dar é o tempo compartido, por iso este xogo necesita de alguén para poder levarse a cabo.







Feliz día das Letras Galegas e das Familias.





venres, 17 de maio de 2019

Diario dunha excursión

Día 1:

Os alumnos/as de 6º están a gozar da súa excursión de fin de etapa .

Despois de instalarnos, e a  pesar do vento, atrevéronse a realizar actividades no mar.






Día 2:

Saír da nosa zona de confort e vivir experiencias novas, facer novos/as amigos/as e coñecernos mellor....
Son os mellores recordos!!






Día 3:

O cansancio vaise acumulando pero non as ganas de experimentar e aprender. Seguimos aproveitando o tempo ao máximo.








Día 4:

Todo chega ao seu fin pero tivemos tempo para aproveitar a mañá.
Foron uns días incríbles onde todos/as o pasamos xenial.