mércores, 24 de abril de 2019

"La pequeña oruga glotona"

Coa chegada da primavera, chegou á nosa clase un conto que nos gustou tanto,que decidimos traballar un pouquiño sobre el, partindo así, dos intereses das nenas e dos nenos da aula de 4º de Educación Infantil.

Fixemos a nosa eiruga, traballando a seriación e aproximándonos á lecto-escritura.Debíamos localizar a palabra "oruga" e posteriormente transcribila.


Ademais, xogamos a asociar número e cantidade e ordear de menor a maior coas froitas que ía comendo a nosa eiruga ao longo da semana, repasando así, os días da semana.






Por outra banda, tamén  nos iniciamos na ordenación de secuencias a través do conto, reforzando así os números ordinais e as secuencias temporais como antes e despois. 


Xogamos  ao xogo da eiruga.  Lanzábamos o dado e íamos andando tantas casillas como número nos indicara o dado. Unha vez que chegábamos á casilla que nos tocaba, decíamos que era e si era unha froita,  buscábamos o nome entre as palabras ofrecidas. 



Para seguir traballando a lecto-ecritura , intentábamos formar as palabras das froitas que aparecen no conto coas letras inmantadas. 


Fixemos quebracabezas  e xogamos cunhas tarxetas, nas cales debíamos contar cantas froitas ou doces había e posteriormente había que repasar con rotulador o número co que se correspondía. 


En psicomotricidade, fixemos un circuíto de froitas. Foi moi divertido convertirse en eiruga e ir pasando polas froitas con moito coidadiño, tantas veces como froitas comera a eiruga no conto. 



E como xa estabamos prácticos en atravesar as froitas, complicamos un pouquiño máis a actividade e decidimos atravesar unha folla verde como a eiruga, pero desta vez con agulla e la. 



E despois de todo este proceso ,a  eiruga chegou a convertirse nunha fermosa......BOLBORETAAAAA





Para rematar, aproveitando a conmemoración do día do libro, elaboramos o noso propio libro e levámolo ás nosas casas,  para compartir coa familia. 




Seguimos aprendendo un montón de cousiñas a través do xogo, partindo dos intereses das nenas e dos nenos e adaptándonos ás necesidades de cada un deles. 


martes, 23 de abril de 2019

BECAS COMEDOR CURSO 2019-2020

Resultado de imagen de becas comedor
O pasado 17 de abril, publicouse no BOP as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.


O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio, ambos os días incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poden obtelos  AQUÍ, nos Rexistros Municipais, nos Centros Cívicos, nas Unidades de Atención Social (Ágora, Catro Camiños ou Monte Alto) ou na secretaría do colexio.

Deixámosvos as bases da convocatoria. Máis información no teléfono 010 de información cidadá e nos centros civícos municipais.

xoves, 18 de abril de 2019

Aula de apoio en primavera e máis!!

Na aula de apoio no segundo trimestre démoslle a benvida á primavera e fixemos un mural na nosa clase para decorar con algúns elementos característicos desta época. Escollemos as bolboretas como insecto porque como xa dixemos na presentación da nosa especialidade, os nen@s son como bolboretas no vento. Algunhas poden voar máis alto que outras, pero cada unha voa o mellor que pode, cada unha diferente.....cada unha é especial......cada unha é fermosa…




Non olvidamos celebrar tampouco o día da sáude



Tamén fixemos o noso rinconciño para a pascua, xa que nos fomos de vacacións e así aproveitamos para facer actividades de coordinación oculo-manual, predominancia lateral, aspectos sensoriais, aspectos cognitivos...






A continuación deixamos algunas actividades máis onde poderes observar como traballamos:
  • Matemáticas 
  • Lecto-escritura
  • Lóxica e razoamento
  • Conciencia fonolóxica
  • Segmentación silábica
  • Esquema corporal
  • Dobre sentido
  • Expresión escrita 
  • Etc















Esperamos que vos guste moito!


luns, 15 de abril de 2019

Entrega de Licenza Semente

Este ano os alumnos de 5º participamos de novo no Proxecto Semente. Este proxecto fomenta o espíritu emprendedor,  xa que os alumnos e alumnas teñen que crear e xestionar unha cooperativa na que fabrican productos que despois venderán nun mercado.
Este mercado será o venres, 31 de maio, na praza de María Pita, así que esperamos a vosa asistencia ese día.

O pasado xoves, 11 de abril, os membros do equipo directivo asistiron  ó acto de entrega de licenzas de venda ambulante no Concello da Coruña.

A presidenta leu o seu discurso e recibiu a licenza do alcalde da Coruña.






Foi un día especial que gardarán na súa memoria.




Recordade!
MERCADO O 31 DE MAIO NA PLAZA DE MARÍA PITA
De 16.30 a 20.00






Os oficios

Un ano máis adicamos un tempo para dar a coñecer aos nosos/as nenos/as a nosa cultura e a nosa lingua a través de oficios tradicionais galegos que pouco a pouco están a desaparecer debido aos avances tecnolóxicos.