domingo, 3 de marzo de 2019

Parabéns aos que cumpren anos en xaneiro e febreiro.

Parabens a tod@s os que cumpriron anos no mes de Xaneiro, unha bonita forma de comezar o ano.

En 4º de Educación Infantil, tivemos a Axel de aniversario, levábamos contando os días dende a volta das vacacións co noso novo calendario inspirado na pedagoxía de Montessori e Waldorf.  Como poden ver , este calendario, ten forma circular(simboliza o sol , en torno ao cal a terra xira unha vez ao ano) na parte interior conta con espacio para 12 pezas triangulares de diferentes cores, que representan os meses do ano. Na parte exterior conta con 31 ocos para representar os días do mes, aos cales adxudicamos a mesma cor sempre facendo así unha serie. Foi moi divertido ver como pasaban os días e nos estábamos aproximando a esa data tan importante para Axel e @s seus amig@s. Para celebralo, cantamos, bailamos e dímoslle un montón de bicos e abrazos ao cumpleañero.



Tamén os nenos de 5º de Educación infantil comezaron o ano celebrando o aniversario da súa mascota de clase, Roto. Pintaron, recortaron e traballaron a motricidade fina para celebralo por todo o alto.



Que ben o pasaron!!!!

Ademais no mes de febreiro cumpliron anos Unai de 5º de Educación Infantil e a profe Helena de 6º de Educación Infantil.





Parabens para tod@s!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario