venres, 17 de marzo de 2017

SOMOS EXPLORADORES

 Os nenos de 1º de primaria saíron á rua para coñecer o barrio do noso cole e buscar diferentes elementos que nos atopamos cando paseamos polo noso entorno. Para saber situarse, tiveron a axuda dun mapa. Ademais aproveitamos para repasar os contidos de educación vial explicados na clase.
Portáronse moi ben e desfrutamos moito do bo día que tivemos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario