luns, 14 de marzo de 2016

O contacontos Iago e o seu particular lobo feroz.

O mércores pasado visitounos o contacontos Iago e nos contou a historia dun lobiño moi riquiño que pertencía a unha afamada familia de lobos feroces.

Os nenos e nenas de Infantil e primeiro e segundo de Primaria estiveron moi atentos a esta divertida historia e ata participaron nela.




Todos desfrutamos moito do conto e agardamos que axiña nos visite outra vez, este xenial contacontos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario